(This page uses CSS style sheets)

Descrición

7-zip

7-Zip é un programa que permite crear ou desempaquetar ficheiros comprimidos. Pode desempaquetar ficheiros 7zip, ZIP, CAB, RAR, ARJ, GZIP, BZIP2, TAR, CPIO, RPM e DEB, ou crear arquivos nestes formatos. Para os formatos estándar ZIP e GZIP, 7-Zip proporciona unha taxa de compresión entre un 2 - 10 % mellor que a propocionada por PKZip ou WinZip; ademais, o formato nativo 7zip pode propocionar unha reducción do 45% no tamaño do arquivo respecto ó coñecido formato zip.

O programa é altamente configurable, permitindo que o usuario estableza o nivel de compresión (canto maior sexa o nivel de compresión máis tempo tardará en comprimirse o arquivo, non obstante terá un tamaño menor). A interface do programa é semellante ó Explorador de Windows e ademais pode integrarse no sistema operativo para comprimir/descomprimir arquivos empregando os menús contextuais. Aínda que 7-zip é gratuito, é posible rexistrarse para ter acceso ó servizo de soporte técnico oficial.

7-zip está traducido a máis de 40 idiomas, entre eles ó galego. 


Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

2.7 MB

Licenza

LGPL

En Galego

En Castelán

Idiomas