BrazilFWBrazilFW é un Firewall/router baseado en Linux que pode executarse en PCs antigos e colle nun disquete de 1,44 MBytes. Aínda que se instale en PCs antigos, o BrazilFW funcionará dun xeito equivalente a firewalls comerciais para o fogar ou pequenas empresas. Os
principais obxectivos do BrazilFW son:
BrazilFW posúe as seguintes funcionalidades:
BrazilFW pode funcionar en calquera 486 con a lo menos 16Mb de RAM non sendo necesario ter disco duro, xa que cabe nun único disquete; sen embargo, se o desexas é posible usar un disco duro para que o sistema se inicie máis rápido e poidas engadir algunhas funcionalidades avanzadas como un caché http. Na actualidade está dispoñible en varios idiomas, entre eles o castelán. O profesor Manuel González Regal do C.F. de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira traduciu a interface de administración do firewall ó galego (está incluída na versión do CD) e enviouna á comunidade de BrazilFW para que procedan á súa inclusión na versión oficial do programa. Pódese instalar a última versión en probas (BrazilFW-2.29.4-windows.exe) ou a última estable (BrazilFW-2.28.exe). |

