(This page uses CSS style sheets)

Descrición

O I.E.S. Xulián Magariños é un instituto de ensino secundario público situado no concello de Negreira (A Coruña), en pleno corazón do Val da Barcala, a menos de 10 Kilómetros de Brión e Bertamiráns e tan só a 20 Kilómetros de Santiago de Compostela, capital de Galicia.

O catálogo de ensinanzas que imparte inclúe a ESO, Bacharelato e Formación Profesional, cun Ciclo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos, un Ciclo Medio de Comercio e Programas de Iniciación Profesional (antigos PGS).

O curso 2005-2006 vén marcado polos destrozos causados por un temporal no mes de febreiro e as posteriores reparacións. Sen embargo, este feito que trastornou e embrollou o normal devir do curso escolar, non impide que o labor docente do I.E.S. trascenda máis aló das súas portas con actividades como a posta en marcha dunha plataforma de e-learning, gañar un dos premios nacionais de mellora de bibliotecas escolares, as viaxes a Grecia e de fin de curso a Asturias e Cantabria, múltiples actividades extraescolares e por suposto, o MAGASI CD.

Incorporación ás Novas Tecnoloxías

Dentro do Proxecto Educativo do Centro, entre os obxectivos relativos á opción metodolóxica ou liña pedagóxica, destaca a incorporación progresiva das novas tecnoloxías da información no desenrolo do proxecto curricular do centro (dotación do centro da infraestructura necesaria, cursos de formación no propio centro, etc.)Mapa de Galicia

O Concello de Negreira

Negreira é un concello da provincia da Coruña que ten 115 km cadrados e 6.767 habitantes, a tan só 20 km. da capital de Galicia, Santiago de Compostela. Xunto co concello da Baña forma a comarca da Barcala, cunha poboación de 12.543 habitantes.

Negreira pertence a unha bisbarra eminentemente rural, onde a agricultura, a gandería e o comercio son as súas principais fontes de riqueza. As remesas dos emigrantes, a man de obra na construción, pequenos talleres e unha factoría de agroindustria -a cooperativa Feiraco- completan os fíos do seu tecido económico.

Logotipo do MAGASI CD

Páxina Web