Notepad2Notepad2 está pensado para substituír ó Bloc de Notas de Microsoft Windows. Igual que o Bloc de Notas, é pequeno, rápido e ten poucos adornos; sen embargo, engade algunhas funcionalidades como o resaltado do texto con cores (especialmente útil cando se está a editar o código dunha páxina web ou un script), zoom seleccionable polo usuario, soporte para Unicode, UTF-8, e arquivos de texto Unix e Mac. Notepad2 está baseado no código fonte do editor Scintilla Text Editor (SciTE), que permite traballar con pestanas e ten algunhas opcións máis, pero non é tan sinxelo de usar como o Notepad2. O profesor Manuel González Regal do C.F. de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira traduciu a última versión do Notepad2 ó galego e enviouna ó autor do programa para que proceda á súa inclusión nas versións oficiais do programa. Para instalar a versión en galego preme na icona Instalar e a través dun sinxelo asistente deberás indicar un directorio de instalación. Unha vez rematada a copia de arquivos poderás iniciar o Notepad2 en galego usando a icona de acceso directo do Escritorio ou ben desde o Menú Inicio --> Todos os Programas. |

