(This page uses CSS style sheets)
|
Open Source? Freeware? Que son? Son iguais? Teño que pagar por usar este software? Podo modificalo? Como é posible que alguén me 'regale' algo e asemade outra xente me pida un montón de cartos por un programa que fai cousas semellantes?... A seguinte explicación foi obtida da Enciclopedia Wikipedia e espero que permita aclarar un pouquiño estas cuestións. O que debes ter claro é que o Open Source é gratuíto e podes usalo cando queiras sen medo. Ademais, moitos proxectos de Open Source teñen unha comunidade de xente que se encarga do seu desenvolvemento (melloras, solución de posibles erros, documentación, atención a usuarios que empezan cos programas, ...), proporcionando software dunha alta calidade. |
|
Código aberto (do inglés open source) é o termo polo que se coñece ó software distribuido e creado dun xeito libre. Este termo comezou a utilizarse en 1998 por algúns usuarios da comunidade do software libre, tratando de usalo como reemplazo ó ambiguo nome orixinal en inglés do software libre (free software). Free en inglés pode significar diferentes cousas: de balde e liberdade. Por iso, por un lado, permite pensar en 'software polo que non hai que pagar' (software gratuíto) e, por outro, adáptase ó significado que se pretendeu orixinalmente (software que posúe certas liberdades). Hoxe en día 'open source' é utilizado para definir un movemento novo de software (a Open Source Initiative), diferente ó movemento do Software Libre, incompatible con este último desde o punto de vista filosófico, e completamente equivalente desde o punto de vista práctico; de feito, ambos movementos traballan xuntos no desenvolvemento práctico de proxectos. A filosofía do "Open Source" centra a
súa atención na premisa de que
ó compartir o código, o programa resultante
tende a ser de calidade superior ó software propietario;
trátase polo tanto, dunha visión meramente
técnica. Por outra banda, o Software Libre funciona baixo o
ideal de que o software propietario, ó non poder compartirse
é antiético, xa que prohibir compartir entre
seres humanos vai en contra das leis da natureza.
|
![]() |
Open Source IniciativePara saber máis sobre o Open Source |
|
|
Recursos en liñaLigazóns a recursos de interese en Internet |