AbiwordAbiWord é un procesador de textos que pode ler e escribir un gran número de formatos de documento, incluíndo os documentos feitos con Microsoft Word. Grazas ó seu reducido tamaño é posible empregalo en equipos vellos, chegando mesmo a funcionar nun 486DX con 16MB de RAM, ó mesmo tempo que permite editar todos os formatos de documentos máis empregados na actualidade. Entre as funcionalidades básicas que proporciona están:
Existen extensións (plug-ins) que aumentan as posibilidades do programa: diccionarios, interface de tradución Babelfish, revisores ortográficos en moitos idiomas, ... Está traducido a un gran número de idiomas, entre eles ó galego e ó castelán, e dun xeito automático emprega o idioma configurado en MS Windows. No caso de querer usar un idioma diferente ó configurado en MS Windows pódese cambiar directamente no programa desde o Menú Herramientas --> Preferencias --> Lengua. Abiword é unha boa solución no caso de necesitar un procesador de texto completo sen precisar de todas as aplicacións que veñen nunha solución ofimática completa; ademais, está dispoñible en múltiples plataformas, incluíndo MS Windows, UNIX, MacOS e Linux. |

