(This page uses CSS style sheets)

Descrición

Sunbird Portable

Queres levar a túa axenda favorita no peto? Se a resposta é afirmativa, aquí tes a solución: un lapis USB e o Sunbird Portable

O Sunbird Portable é similar á versión normal de Sunbird pero pensada para a súa instalación e execución nun lapis USB; é dicir, vai onde ti vas. O único que tes que facer para instalar o Sunbird Portable é premer na icona de instalación e indicar a ubicación de instalación (o lapis USB); eso si, visita con regularidade a páxina do proxecto para manter o teu Sunbird Portable ó día.

Sunbird é unha aplicación de calendario con funcións de axenda, lista de tarefas, ferramenta de alarmas, notificacións de tarefas, citas, aniversarios, viaxes, etc. Permite definir eventos tanto de carácter laboral como persoal, todo a través dunha interface moi sinxela que permite ollar o calendario por días, semanas ou meses segundo os nosos intereses.

É unha aplicación da fundación Mozilla (como o navegador de Internet Firefox e o cliente de correo electrónico Thunderbird), que aínda estando en fase de desenvolvemento é estable para usala acotío.

No CD tes un sinxelo instalador de Sunbird Portable (versión modificada sobre a orixinal para estar dispoñible en castelán, xa que aínda non está traducida ó galego).

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

12 MB

Licenza

MPL/GPL

En Castelán

Idiomas