LBreakout2O clásico arcade Breakout está dispoñible na actualidade para Linux e MS Windows a través de Lbreakout2 (o L refírese a Linux, que foi a plataforma orixinal para a que se fixo este xogo, aparecendo posteriormente versións para Windows e outros sistemas operativos). Lbreakout2 é un xogo de ritmo vertixinoso con inxeniosos efectos gráficos e de son; no que, usando o teclado ou o rato hai que guiar a raqueta para romper todos os ladrillos coa pelota e subir niveis. Para darlle un pouco de emoción, algúns dos ladrillos teñen características especiais e bonificacións, como bólas extra ou a aparición dun chan de xeito temporal. Na actualidade tes máis de 50 niveis por superar, e para os máis inconformistas hai un editor de niveis integrado que permite crear novos niveis. |
