GaimGaim é un cliente de mensaxería instantánea (IM), que permite chatear con outras persoas en tempo real usando calquera rede soportada, incluíndo AIM, ICQ, MSN Messenger, Yahoo!, IRC, Jabber, Gadu-Gadu e Zephyr. Gaim pode estar conectado á vez a varias redes; e polo tanto, se tes contactos en diferentes redes de IM, podes falar con todos eles ó mesmo tempo usando un único programa. Gaim soporta moitas funcionalidades propias destas redes de mesaxería instantánea, como por exemplo transferencia de ficheiros, iconas, notificacións, Buddy Pounce para avisar cando un contacto está dispoñible, etc; por suposto, estas funcionalidades poden ser espalladas grazas ó seu sistema de extensións (plugins). Está dispoñible para MS Windows, UNIX e Linux, en castelán e estase a facer a tradución ó galego na actualidade. |

