AudacityAudacity é un programa de edición de son que permite gravar, reproducir e mesturar sons ou aplicar efectos usando diferentes filtros. É posible editar sons usando as funcións de Cortar, Copiar e Pegar (sen límites para desfacer os cambios) e mezclar múltiples pistas. No momento de gardar os arquivos é posible seleccionar entre varios formatos, incluíndo WAV, Ogg Vorbis e AIFF, ou usar o formato nativo de proxecto de Audacity para obter unha edición de alto rendemento. Permite importar sons en formato MPEG (incluíndo arquivos MP2 e MP3) con libmad e exportar MP3s co codificador opcional LAME. Ademais das funcionalidades xa indicadas, ten unha ferramenta de debuxo para alterar as mostras individuais, permite eliminar ruídos estáticos, asubíos, ruxerruxes ou outros ruídos de fondo constantes, permite alterar as frecuencias coa ecualización, filtros FFT e amplificar os baixos, axustar os volumes co compresor, amplificar e normalizar os efectos, aplicar efectos de tipo eco, fase, Wahwah e inversión. Este completo programa de edición de son é rápido, estable, gratuíto, está dispoñible para MS Windows, UNIX, Linux e MacOS, e na actualidade está en proceso a tradución ó galego e existe unha tradución completa ó castelán. |

