(This page uses CSS style sheets)

Descrición

Blender

Blender é un completo programa de modelado en 3D que permite a producción de animacións de alta calidade, realizar rendering, post-producción, creación interactiva e reproducción. Os creadores afirman que é a única aplicación de creación en 3D que permite ó artista modelar, aplicar texturas, animar, renderizar, e exportar o producto final nun paquete de tamaño inferior ós 10 MB.

A comunidade que se encarga do seu desenvolvemento é moi activa e está decote engadindo novas funcionalidades e extensións, como o motor de renderización superb Yafray para xerar efectos fotográficos. Blender tamén proporciona xeración dinámica de partículas, métodos avanzados de desenvolvemento de texturas UV usando algoritmos LSCM e moito máis. 

Blender é capaz de exportar a unha grande variedade de formatos 3D como RML, Cal3d e AC3D, e grazas ó poderoso e sinxelo soporte de extensións (plug-ins) é posible crear extensións propias ou escoller dentro dunha ampla lista de extensións xa feitas.

Por mor de que o modelado en 3D é un proceso complexo, na sección de Extras poderás atopar manuais e ligazóns con información sobre o manexo de Blender. Na actualidade, a comunidade Blender está a realizar un gran esforzo para mellorar a documentación do programa. 

É un programa para expertos, pero non deixes de ver as imaxes de exemplo das galerías na páxina do proxecto, e por suposto, proba a descargar e ver a película Elephants Dream feita con Blender e outros programas de software libre. Xa verás como desexas aprender máis sobre o deseño gráfico...

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

14.5 MB

Licenza

GPL

En Inglés

Idiomas