CDexCDex é un programa pensado para converter pistas dun CD a arquivos de son estándar, tales como WAV, MP3, ou Ogg Vorbis. O soporte de base de datos de CD en liña axuda a que o computador recoñeza dun xeito automático o contido do CD situado na unidade, e proceda a etiquetar os arquivos de son con títulos axeitados, aforrando o traballo de ter que escribir a información de todas as pistas. Tamén permite realizar a conversión entre diferentes formatos de son, ou gravar directamente desde unha liña de entrada analóxica. CDex posúe unha interface sinxela de usar pero tamén permite configurar parámetros específicos para controlar o proceso de copia, codificación e etiquetado. Na actualidade o programa está traducido a varios idiomas, entre eles o castelán. |
