(This page uses CSS style sheets)

Descrición

PDFCreator

Usa PDFCreator para crear documentos PDF directamente desde calquera programa de Windows. Os arquivos PDF (Portable Document Format) son o estándar de facto para as publicacións electrónicas, xa que o autor ten a seguridade de que o seu documento vaise ver como el desexa en todas as plataformas, con independencia das fontes presentes no ordenador onde se vai visualizar o arquivo.

Os PDFs tamén poden xerarse con paquetes comerciais, pero PDFCreator é con diferenza unha das posibilidades máis sinxelas de usar e a máis barata (é de balde). Unha vez instalado hai que escoller a opción Imprimir do menú Ficheiro do teu procesador de texto ou programa de debuxo, e seleccionar  a impresora PDFCreator da lista de impresoras dispoñibles. A continuación preme Gardar e indica o nome para o arquivo PDF e listo. Iso é todo!

Por suposto, tamén é posible introducir información adicional para identificar o documento (título, data de creación e autor), controlar a resolución e os niveis de compresión, fontes a incluír, protección do documento con contrasinal, etc. O programa ademais do formato PDF tamén soporta JPEG, PNG, Postscript (PS), Encapsulated Postscript (EPS), BMP, PCX e TIFF.

Para ter o PDFCreator en galego (ou en castelán) tes que copiar este arquivo de idioma galego (ou castelán) no cartafol Languages dentro do cartafol de instalación de PDFCreator (normalmente C:\Archivos de  programa\PDFCreator) e despois seleccionar Galego (ou castelán) no menú Language.

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

20 MB

Licenza

GPL

En Galego

En Castelán

Idiomas