(This page uses CSS style sheets)

Descrición

NVU Portable

Queres levar o teu editor de páxina web favorito no peto? Non te queres arriscar a chegar á biblioteca ou ó ciber e non ter o teu NVU instalado? Se a resposta a estas dúas preguntas é afirmativa, aquí tes a solución: un lapis USB e o NVU Portable

O NVU Portable é similar á versión normal de NVU pero pensada para a súa instalación e execución nun lapis USB; é dicir, vai onde ti vas. O único que tes que facer para instalar o NVU Portable é premer na icona de instalación e indicar a ubicación de instalación (o lapis USB ou un directorio do disco duro); eso si, visita con regularidade a páxina do proxecto para manter o teu NVU Portable ó día. A versión subministrada neste CD do NVU Portable é unha modificación da versión orixinal para adaptala ó castelán, xa que de momento non hai tradución ó galego. 

NVU permite crear páxinas web rápida e comodamente, grazas ás diferentes vistas dispoñibles na súa interface (ventá WYSIWYG onde podes ver o aspecto final da páxina, código fonte HTML e visión con etiquetas HTML ou tags suliñadas), cliente FTP integrado para subir as páxinas directamente ó servidor, soporte para marcos (frames), formularios, táboas, patróns de deseño, follas de estilo en cascada (CSS), XHTML, correctores ortográficos e por suposto, o modo de traballo por proxectos, etc. 

NVU é unha alternativa de código aberto a outros editores Web de pago tipo Microsoft Frontpage e Macromedia Dreamweaver. 

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

15 MB

Licenza

GPL/MPL

En Castelán

Idiomas