(This page uses CSS style sheets)

Descrición

Scribus

Scribus é un sistema de maquetación e publicación de documentos dispoñible para UNIX/Linux, MacOSX e recentemente Windows. En tan só cinco anos experimentou un gran crecemento, de xeito que é considerada como unha das 'killer apps' para Linux; é dicir, unha aplicación imprescindible.

Funcionalidades como cores CMYK, cores ICC, creación avanzada e importación de documentos PDF, importación/exportación a EPS, ferramentas de debuxo vectoriais, importación/exportación SVG, soporte para fontes OpenType e uso de XML para gardar os documentos, converten a Scribus nunha poderosa e versátil ferramenta de gama empresarial; ademais, foi a primeira aplicación DTP (DeskTop Publishing ou Autoedición) que soporta o estándar internacional ISO PDF/X-3.

Na actualidade está traducido a máis de 25 idiomas, incluídos o galego e o castelán, e posúe unha ampla e activa comunidade que fai que este programa teña unhas perspectivas de crecemento moi boas. 

A versión de Scribus para Windows está pensada para Windows 2000 SP4 ou Windows XP, non existindo garantías de que funcione en Windows 98 e ME. Antes de instalar Scribus debes descargar e instalar o Ghostscript (versión de 32 bits) ou Ghostscript (versión de 64 bits), e se traballas con Windows 2000 SP4 ademais deberás instalar a librería GDI+ desde http://www.microsoft.com.


Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

57 MB

Licenza

GPL

En Galego

En Castelán

Idiomas