(This page uses CSS style sheets)

Descrición

TuxPaint

TuxPaint é un gran programa de debuxo para os pequenos. É sinxelo, ten unha interface moi intuitiva, simpáticos efectos de son e unha divertida e estimulante mascota de tipo debuxo animado que axuda a guiar ó rapaz mentres utiliza o programa. TuxPaint pode parecer moi sinxelo (de feito si que o é), pero iso non significa que non sexa un programa con grandes prestacións: hai unha gran variedade de formas para pintar, diferentes tipos de pincel, permite engadir cadros de texto de diferentes tipos e tamaños, permite usar cuños (con imaxes de froitas, animais, plantas, etc) para estampalos no debuxo, etc. Para facilitar aínda máis as cousas, no intre de gardar e cargar debuxos faise uso dunha galería de debuxos, deste xeito non é necesario ter coñecementos sobre a estructura de cartafoles do sistema. 

Está dispoñible en varios idiomas, entre eles o galego e o castelán.

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

11 MB

Licenza

GPL

En Galego

En Castelán

Idiomas