Battle for WesnothDespois de anos de paz e prosperidade as terras de Wesnoth foron invadidas por hordas de Orcos e Zombis. Como lexítimo candidato ó trono de Wesnoth, debes reclutar unha tropa de leais aventureiros para reclamar o teu trono. Nalgunhas misións deberás conducilos con prudencia e sabedoría para que gañen experiencia e riquezas, e noutras, terás que xogar con outras razas como Orcos, Elfos, etc. The Battle for Wesnoth é un xogo de estratexia ambientado nun país de fantasía, onde deberás enfrontarte a diferentes adversarios en terreos e situacións diversas. Cunha conexión de rede é posible xogar con amigos, e incluso poderás participar nos torneos que o proxecto Wesnoth organiza dun xeito regular para que os xogadores poidan comparar as súas forzas. A versión do CD é a última estable para MS Windows, pero se visitas a páxina web do proxecto poderás atopar unha nova versión con máis funcionalidades, aínda que non está rematada ó cento por cento. |

