(This page uses CSS style sheets)

Descrición

FileZilla Portable

Queres levar o teu cliente FTP favorito no peto? Non te queres arriscar a chegar á biblioteca ou ó ciber e non ter o Filezilla instalado? Se a resposta a estas dúas preguntas é afirmativa, aquí tes a solución: un lapis USB e o Filezilla Portable

O Filezilla Portable é similar á versión normal de Filezilla pero pensada para a súa instalación e execución nun lapis USB; é dicir, vai onde ti vas. Para instalar o Filezilla Portable hai que premer na icona Instalar e indicar a ubicación de instalación (o lapis USB); e de cando en vez visita a páxina do proxecto para manter o teu Filezilla Portable ó día.

FileZilla é un programa cliente para interactuar con servidores FTP (File Transfer Protocol); polo tanto, trátase dunha ferramenta útil para os deseñadores web xa que permite descargar ou subir arquivos desde ou hacia sitios web remotos empregando o protocolo FTP. Está caracterizado por unha interface de usuario moi sinxela, combinada con potentes funcionalidades como o soporte da transferencia segura de arquivos vía SSH, un administrador de sitios FTP (semellante ós favoritos do navegador de Internet), FTP Pasivo para traballar detrás dun firewall ou proxys, posibilidade de retomar transferencias de arquivos malogradas, etc.

Na actualidade está traducido a varios idiomas, entre eles o castelán. A tradución ó galego feita polo profesor Manuel González Regal do C.F. de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira é válida para a versión máis recente do FileZilla 'normal' (o non portable). A versión subministrada no MAGASI CD é unha versión traducida ó galego e despois dunha fase de probas non parece haber problemas co arquivo de idioma; sen embargo, no caso de que os teñas, sempre podes cambiar a outro idioma.

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

3 MB

Licenza

GPL

En Galego

En Castelán

Idiomas