(This page uses CSS style sheets)

Descrición

Abiword Portable

Queres levar o teu procesador de texto favorito no peto? Non te queres arriscar a chegar á biblioteca ou ó ciber e non ter o teu Abiword? Se a resposta a estas dúas preguntas é afirmativa, aquí tes a solución: un lapis USB e o Abiword Portable

O Abiword Portable é similar á versión normal de Abiword pero pensada para a súa instalación e execución nun lapis USB; é dicir, vai onde ti vas. O único que tes que facer para instalar o Abiword Portable é premer na icona Instalar e indicar a ubicación de instalación (o lapis USB); eso si, visita con regularidade a páxina do proxecto para manter o teu Abiword Portable ó día.

AbiWord é un procesador de textos que pode ler e escribir un gran número de formatos de documento, incluíndo os documentos feitos con Microsoft Word. Grazas ó seu reducido tamaño é posible empregalo en equipos vellos, chegando mesmo a funcionar nun 486DX con 16MB de RAM, asemade permite editar todos os formatos de documentos máis empregados na actualidade. Entre as funcionalidades básicas que proporciona están:

  • A exportación a formato HTML (páxinas web).
  • Un número ilimitado de operacións desfacer e refacer.
  • Soporte para comprobacións ortográficas.
  • Estilos, táboas, imaxes e listas numeradas e de viñetas.
  • etc.

Existen extensións (plug-ins) que aumentan as posibilidades do programa: diccionarios, interface de tradución Babelfish e revisores ortográficos en moitos idiomas, ... Está traducido a un gran número de idiomas, entre eles o galego e o castelán, e dun xeito automático emprega o idioma configurado en MS Windows. No caso de querer usar un idioma diferente ó configurado en MS Windows pódese cambiar directamente no programa desde o Menú Herramientas --> Preferencias --> Lengua.

Abiword é unha boa solución no caso de necesitar un procesador de texto completo sen precisar de todas as aplicacións que veñen nunha solución ofimática completa; ademais, está dispoñible en múltiples plataformas, incluíndo MS Windows, UNIX, MacOS e Linux. 

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

17 MB

Licenza

GPL

En Galego

En Castelán

Idiomas