SunbirdSunbird é unha aplicación de
calendario con
funcións de axenda,
lista de tarefas, ferramenta de alarmas,
notificacións de tarefas, citas, aniversarios,
viaxes, etc.
Permite definir eventos tanto de carácter
laboral como
persoal, todo a través dunha interface moi sinxela que
permite
ollar o calendario por días, semanas ou meses segundo os
nosos
intereses. Hai versións para Windows, UNIX e Linux e hogano está dispoñible en castelán. Fai dobre click na icona de instalación e unha vez rematada a copia de arquivos xa podes comezar a traballar coa túa axenda usando a icona de acceso directo do Escritorio. |
