(This page uses CSS style sheets)

Descrición

FileZilla

FileZilla é un programa cliente FTP para interactuar con servidores FTP (File Transfer Protocol); polo tanto, trátase dunha ferramenta útil para os deseñadores web xa que permite descargar ou subir arquivos desde ou hacia sitios web remotos empregando o protocolo FTP. Está caracterizado por unha interface de usuario moi sinxela, combinada con potentes funcionalidades como o soporte da transferencia segura de arquivos vía SSH, un administrador de sitios FTP (semellante ós favoritos do navegador de Internet), FTP Pasivo para traballar detrás dun firewall ou proxys, posibilidade de retomar transferencias de arquivos malogradas, etc.

O profesor Manuel González Regal do C.F. de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira traduciu a última versión do FileZilla ó galego e enviouna ó autor do programa para que proceda á súa inclusión na versión oficial do programa. Se queres ter o FileZilla en galego segue os seguinte pasos:

  1. Instala o FileZilla (o programa de instalación aínda non foi traducido nin ó galego nin ó castelán).
  2. Unha vez instalado, copia o arquivo FzResGl.dll no cartafol de instalación (normalmente C:\Archivos de Programa\FileZilla).
  3. Abre o FileZilla e no menú Edición/Edit selecciona a opción Configuración/Settings -->  Lenguaje/Language. Escolle Galego na lista de idomas que aparecen na parte dereita.
Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

14.5 MB

Licenza

GPL

En Galego

En Castelán

Idiomas