(This page uses CSS style sheets)

Descrición

OpenOffice

OpenOffice é unha solución ofimática completa que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, editor de páxinas web e un programa de presentacións. Os documentos almacénanse comprimidos en formato XML (formato aberto e estandarizado), o que asegura a compatibilidade do documento e asemade reduce o espazo de almacenamento; por suposto, sendo posible ler e escribir documentos en distintos formatos, incluídos os documentos realizados coa Microsoft Office. Ademais do formato XML, hai que destacar que a OpenOffice permite a exportación a formato PDF e Flash.

O compoñente de procesado de textos, Writer, permite a realización de documentos profesionais, informes, cartas, folletos, etc. 

O módulo de folla de cálculo, Calc, posúe sofisticadas ferramentas para cálculos, análise e visualización de datos, táboas en 2D e 3D, etc. 

O programa de presentacións, Impress, usa efectos, animacións e ferramentas de debuxo para axudarche a crear diapositivas multimedia que amosan o que ti desexas tal e como o desexas. 

O compoñente Draw permite crear desde sinxelos diagramas ata complexas ilustracións en 3D para usalas en documentos e presentacións. 

As ferramentas para bases de datos propocionan todos os instrumentos necesarios para o traballo diario con bases de datos en formato de folla de cálculo, soportando ademais bases de datos dBASE para aplicacións sinxelas, ou calquera base de datos ODBC ou JDBC para traballos a nivel empresarial.

Debido ó elevado custo das solucións ofimáticas comerciais, usar OpenOffice pode constituír unha interesante fonte de aforro en software para as organizacións e individuos. OpenOffice estase a converter cada día máis nunha opción usada nos ámbitos da administración pública, a educación e as empresas.

Instalación

OpenOffice pode usarse de balde e está traducida a multitude de idiomas, tanto por voluntarios individuais como por organizacións gobernamentais, existindo versións en galego e tamén en castelán. A versión subministrada neste CD está dispoñible en galego grazas á iniciativa da Consellería de Innovación e Industria e ó seu portal www.mancomun.org. Visita esta páxina con regularidade se estás interesado no software libre en galego. No caso de empregar Windows 98 ou Windows 2000 debes premer no seguinte enlace para instalar a OpenOffice en galego para Windows98 ou Windows 2000.

Tamén é posible ter a OpenOffice en castelán. Preme na seguinte ligazón para descargar a versión en castelán da OpenOffice .

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

210 MB

Licenza

GPL

En Galego

En Castelán

Idiomas