FirefoxFirefox é un navegador web lixeiro baseado na tecnoloxía de Mozilla, que ademais de consumir poucos recursos do equipo, proporciona unha navegación por Internet moi rápida e segura. Entre as funcionalidades clave inclúe: bloqueo de Ventás Emerxentes (Popup Blocking), navegación por pestanas (Tabbed Browsing) que permite ver múltiples páxinas web nunha única ventá do navegador, abrindo ligazóns en segundo plano de xeito que estén preparados para ser ollados cando ti estés preparado para velos, control do tamaño do texto (Text zooming) para agrandar ou diminuír o texto de calquera páxina web facilitando a súa lectura. É posible expandir as funcionalidades básicas de Firefox a través de extensións (plug-ins) que permiten desde completar dun xeito automático os campos dos formularios dunha web ata bloquear animacións Flash. Hai tamén unha grande variedade de temas que permiten personalizar desde a aparencia do navegador ata a funcionalidade das barras de ferramentas. O Easy Transition System permite importar toda a configuración do navegador web, incluíndo os favoritos, contrasinais e outros datos desde Internet Explorer e outros navegadores, facilitando a migración a Firefox, para que poidas comezar a navegar de contado. Sen embargo, posiblemente a mellor razón para comezar a usar Firefox é a súa seguridade. Feito coa seguridade en mente desde os seus comezos, Firefox protexe o teu sistema de spyware malicioso, conserva a túa privacidade, etc. Firefox está traducido a varios idiomas, entre eles o castelán. Na actualidade xa rematou a tradución ó galego da versión 2.0.0.3 a través da plataforma colaborativa Entrans no portal Mancomún. Para instalar o Firefox en galego segue os seguintes pasos:
No caso de seguir os pasos anteriores e ter aínda en castelán o programa, fai o seguinte:
|

