(This page uses CSS style sheets)

Descrición

Firefox Portable

Queres levar o teu navegador de Internet favorito no peto? Non te queres arriscar a chegar á biblioteca ou ó ciber e non ter o teu Firefox instalado? Se a resposta a estas dúas preguntas é afirmativa, aquí tes a solución: un lapis USB e o Firefox Portable

O Firefox Portable é similar á versión normal de Firefox pero pensada para a súa instalación e execución nun lapis USB; é dicir, vai onde ti vas. Se premes na icona Instalar aparecerá un sinxelo instalador onde deberás indicar o cartafol do disco duro ou do lapis USB onde queres ter o programa. A versión subministrada de Firefox Portable está modificada da orixinal para ter a interface en galego e a páxina de inicio a do I.E.S. Xulián Magariños. Lembra visitar a páxina do proxecto para manter o teu Firefox Portable ó dia.

Firefox é un navegador web lixeiro baseado na tecnoloxía de Mozilla, que ademais de consumir poucos recursos do equipo, proporciona unha navegación por Internet moi rápida e segura. Entre as funcionalidades clave inclúe: bloqueo de Ventás Emerxentes (Popup Blocking), navegación por pestanas (Tabbed Browsing) que permite ver múltiples páxinas web nunha única ventá do navegador, abrindo ligazóns en segundo plano de xeito que estén preparados para ser ollados cando ti estés preparado para velos, control do tamaño do texto (Text zooming) para agrandar ou diminuír o texto de calquera páxina web facilitando a súa lectura.

É posible expandir as funcionalidades básicas de Firefox a través de extensións (plug-ins) que permiten desde completar dun xeito automático os campos dos formularios dunha web ata bloquear animacións Flash. Hai tamén unha grande variedade de temas que permiten personalizar desde a aparencia do navegador ata a funcionalidade das barras de ferramentas.  

O Easy Transition System permite importar toda a configuración do navegador web, incluíndo os favoritos, contrasinais e outros datos desde Internet Explorer e outros navegadores, facilitando a migración a Firefox, para que poidas comezar a navegar de contado.

Sen embargo, posiblemente a mellor razón para comezar a usar Firefox é a súa seguridade. Feito coa seguridade en mente desde os seus comezos, Firefox protexe o teu sistema de spyware malicioso, conserva a túa privacidade, etc. 

Na actualidade Firefox está traducido a multitude de idiomas, incluídos o galego e o castelán (a versión galega case pode darse por rematada grazas ó grupo galego21.org). 


Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

16 MB

Licenza

MPL/GPL

En Galego

En Castelán

Idiomas