(This page uses CSS style sheets)

Descrición

Portable Apps Suite

Queres levar as túas aplicacións favoritas no peto? Non te queres arriscar a chegar á biblioteca ou ó ciber e non ter o teu procesador de texto favorito? E a folla de cálculo que normalmente empregas na casa? E o teu navegador da Internet? E o teu editor de páxinas web?... Se a resposta a todas estas preguntas é afirmativa, aquí tes a solución: un lapis USB e a Portable Apps Suite. 

O Portable Apps Suite contén as seguintes aplicacións:

  • OpenOffice Portable.
  • Abiword Portable.
  • Firefox Portable.
  • Thunderbird Portable.
  • Sunbird Portable.
  • Filezilla Portable.
  • Gaim Portable.
  • NVU Portable.

En menos de 310 MBytes poderás ter todas estas aplicacións, listas para acompañarte onde vas e todas de balde. Alguén da máis? As aplicacións foron modificadas das orixinais para estar en galego, e no caso de non haber tradución, para estar en castelán. Para rematar, lembra visitar a páxina do proxecto para ter a túa Portable Apps Suite ó día, xa que esta versión é unha versión Beta (aínda está en probas) e en pouco tempo haberá unha nova versión. Ademais na páxina web do proxecto tes a Portable Apps Suite Little (que non ten a OpenOffice e polo tanto ocupa menos espazo) e información sobre un problema detectado nos sistemas MS Windows 2000. 

Logotipo do MAGASI CD

Instalar

Páxina Web

Espazo en disco

310 MB

Licenza

GPL/MPL

En Galego

Algunhas aplicacións da Suite

En Castelán

Algunhas aplicacións da Suite

Idiomas