The GIMPGIMP (GNU Image Manipulation Program) é unha potente e completa solución para o tratamento de imaxes, axeitada para ós que desexen traballar con fotografías dixitais, deseñar e exportar grficos para a web, cambiar o formato dun arquivo, producir complexas composicións de alta calidade para imprimir e mesmo realizar presentacións multimedia. GIMP
ten un completo conxunto de
ferramentas de
debuxo e tratamento de cores, clonación, anti-aliasing de
alta
calidade, soporta distintas capas e canles, capacidades
avanzadas
de script, posibilidade de apertura dun número ilimitado de
imaxes á
vez, editor de gradiente, ferramenta de
combinado, etc. Debido gran cantidade de funcionalidades que ten GIMP, pode ser que necesites algn tempo para afacerte a el. Para facilitar un pouco este proceso, a través da sección Extras poderás instalar a axuda do programa, ler o manual oficial de usuario, e ollar un par de titoriais sobre o programa. Para poder instalar e traballar con GIMP en MS Windows preciso ter instalada a librera GTK+. No caso de que non a teñas instalada no teu equipo, premendo aquí poderás instalala. Despois xa podes instalar GIMP premendo na icona Instalar. |

