ThunderbirdThunderbird é un moderno cliente de correo electrónico con funcionalidades avanzadas como filtros intelixentes para correo spam, comprobador ortográfico, aspecto configurable polo usuario, e diferentes temas para personalizar a súa interface, soporte IMAP/POP para ler as mensaxes de correo, composición de mensaxes en formato HTML, sistema de busca, libreta de enderezos, ferramentas de importación, sistema para completar enderezos, manexo de varias contas de correo e grupos de novas, etc. Ademais, coas extensións de Thunderbird é posible engadir novas funcionalidades para ter un cliente de correo aínda máis potente e funcional. Igual que Firefox, o equipo de programación de Thunderbird ten a seguridade como un dos puntos principais á hora de desenvolvelo. Thunderbird proporciona funcionalidades cun nivel de seguridade empresarial e gobernamental como S/MIME, sinaturas dixitais, cifrado de mensaxes, soporte para certificados e dispositivos de seguridade. O filtro anti-spam de Thunderbird analiza os e-mails para identificar aqueles que seguramente sexan correos non desexados. Estas mensaxes poden ser borradas de xeito automático ou desviadas a un cartafol especial. O filtro anti-spam é de tipo adaptativo e tamén aprende os enderezos da túa libreta de contactos para mellorar o seu funcionamento. Thunderbird está traducido a varios idiomas, entre eles o castelán. Na actualidade xa rematou a tradución ó galego da versión 1.5.0.10 a través da plataforma colaborativa Entrans no portal Mancomún. Para instalar o Thunderbird en galego segue os seguintes pasos:
No caso de seguir os pasos anteriores e ter aínda en castelán o programa fai o seguinte:
A nova versión 2.0.0.0 de Thunderbird aínda non está en galego; sen embargo, se a queres probar en castelán preme na seguinte ligazó: Thunderbird 2.0.0.0 en castelán. |

