(This page uses CSS style sheets)

Descrición

Encargado de tenda, xefe de caixa, comercial, vendedor técnico, escaparatista, dependente, empregado de reposición, representante comercial, almacenista, animador de vendas, ...

A lista anterior amosa algunhas das profesións ás que poderás acceder a través do Ciclo Formativo de Grao Medio de Comercio que se imparte no I.E.S. Xulián Magariños de Negreira. Estes estudos, cunha duración de 1.400 horas, permiten obter o título oficial de Técnico en Comercio. Ó compaxinar a formación práctica coa teórica, poderás levar a cabo con profesionalidade as tarefas asociadas ás profesións antes expostas e ademais acadarás uns niveis de coñecementos que, se así o desexas, permitiranche continuar a túa formación no campo do comercio e o marketing.

Entre os meses de outubro e xuño o alumnado formarase no I.E.S. Xulián Magariños en:

  • Ofimática (Word, Excel, Access, PowerPoint, etc.) e Internet.
  • Aplicacións informáticas de facturación, contabilidade, nóminas, etiquetado de productos, deseño gráfico, ...
  • Atención ó cliente.
  • Deseño de carteis, etiquetas, material corporativo, ...
  • Montaxe de escaparates.
  • Distribución de produtos no almacén, supermercados, ...
  • Inglés comercial.
  • etc.

Unha vez rematada esta primeira parte, o alumnado realizará 440 horas de prácticas reais en empresas durante os meses de outubro, novembro e decembro. Xestorías, almacéns, comercios e hipermercados son algunhas das empresas entre as que poderás escoller de acordo co teu pérfil e as túas preferencias.

Salientar ca porcentaxe de persoas que atopan emprego ó rematar as prácticas e nos 6 meses posteriores está por enriba do 50%.

Se desexas máis información podes chamar ó teléfono do instituto 981.88.53.49, ou visitarnos no centro e preguntar polo profesorado do ciclo de comercio. Tamén podes preguntar as dúbidas que teñas no enderezo de correo electrónico cmcomercio_negreira@yahoo.es.

Lembra que a reserva de praza será durante o mes de xuño, o prazo de matrícula en xullo e tamén se abrirá outro prazo para matricularse en setembro.

Se che interesa ou pensas que a algún dos teus coñecidos lles puidese interesar realizar estes estudos non dubides en facerlle chegar o tríptico informativo que ves á dereita ou o MAGASI CD.


Logotipo do MAGASI CD

Páxina Web


Tríptico Informativo