(This page uses CSS style sheets)

Versión del MAGASI CD en Castellano

Benvido ó MAGASI CD en liña!

Versión do MAGASI CD en Galego

O MAGASI CD nace como un proxecto de Manuel González Regal, profesor do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos (ASI) do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira, que pretende ser un achegamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) á comunidade escolar galega, inspirado en proxectos como The Open Source Free CDThe OpenCD Project. Este é un dos proxectos, xunto coa páxina web do centro e a Aula Virtual entre outros, que desde o departamento de informática e o I.E.S. Xulián Magariños estanse a desenvolver para aplicar as novas tecnoloxías na educación.

O MAGASI CD contén unha recompilación de programas escollidos polo autor baseándose nos seguintes criterios: 

  • Utilidade para os membros da comunidade educativa.
  • Calidade.
  • Software Open Source, e polo tanto de uso gratuíto e libre distribución, en base ás licenzas GPL, MPL ou semellantes.
  • Software que funcione en sistemas operativos Microsoft Windows.

As versións incluídas no MAGASI CD son as máis recentes e están en galego, no caso de existir a tradución. Hai que sinalar que no CD atoparás versións traducidas ó galego que aínda non están dispoñibles nas páxinas principais dos proxectos, ben por ser traducidas ou modificadas das orixinais polo profesor Manuel González Regal para este proxecto. Estas traducións foron remitidas ás distintas comunidades para que sexan incluídas nas versións oficiais e así estar a disposición de toda a comunidade de galego-falantes.

Atoparás no CD unha ampla gama de aplicacións tanto de uso 'doméstico' como ferramentas de uso empresarial, que desde o departamento de informática do I.E.S. Xulián Magariños esperamos sexan de utilidade:

  • Procesadores de texto, folla de cálculo, programas de presentacións, editores de páxina web, ...
  • Reproductores multimedia, editores de son, ...
  • Software de creación e edición de imaxes, creación e edición de gráficos vectoriais, imaxes en 3D,...
  • Navegadores de Internet, programas de correo electrónico, mensaxería instantánea, axenda, ...
  • Simuladores astronómicos e ... algún que outro xogo.

Por último, expresar o meu agradecemento a todas as persoas que invirten moitas horas do seu tempo para facer estes programas e distribuílos baixo a filosofía Open Source; e por suposto, mandar un saúdo e o meu recoñecemento a todas as persoas, grupos, comunidades e institucións que, moitas veces de forma anónima, fan posible que estes programas estén na nosa lingua. Sen todos eles, este CD non existiría.

Usa os programas e lembra que ti tamén podes colaborar: programando, traducindo ó galego, traducindo ó castelán, axudando a outros usuarios, ...

Visita a páxina web do proxecto MAGASI para ter máis información e descargarte o CD do MAGASI

Xa formas  parte da comunidade Open Source!.


Logotipo do MAGASI CD