Convocatoria de prazas para o BACHARELATO INTERNACIONAL: Curso 2017-2018
O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.
Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
A adxudicación de prazas terá en conta unicamente, con ponderación especial da nota media de inglés (0,2), o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, tendo en conta en 4º a nota da 2ª avaliación.
O prazo de solicitude estará aberto a partir do mércores 26 de abril ata o luns 19 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se enlaza aquí, que tamén se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación se fará na Secretaría deste Centro ou ben mediante correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, tendo esta última modalidade plena validez legal.
A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.
En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico que se enlaza aquí ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional: http://www.ibo.org/es/. Ademais, é conveniente que os interesados asistan á reunión informativa que se fará no Centro o luns 12 de xuño ás 19:00 para explicar as características deste Bacharelato.
Vigo, 26 de abril de 2017.
Nota importante: a oferta final de prazas está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicions da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que os alumnos admitidos non deberán renunciar á praza que teñan solicitado polo conducto ordinario antes de formalizar a matrícula neste Centro.
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Eleccións ao Consello escolar 2016-2017

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016-17
ANUNCIO
SORTEO PÚBLICO. XUNTA ELECTORAL
EN CUMPRIMENTO DO ARTIGO 30 DO DECRETO 92/1988, SEGUNDO REDACCIÓN DADA POLO DECRETO 324 / 1994, DOG DO 9 DE AGOSTO, O PRÓXIMO XOVES, 27 DE OUTUBRO, ÁS 11:30 HORAS, EFECTUARASE O SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL (TITULARES E SUPLENTES) QUE ORGANIZARÁ E SUPERVISARÁ O PROCESO DE ELECCIÓN DOS INTEGRANTES DO CONSELLO ESCOLAR DO IES DO CASTRO.
En Vigo, a 24 de outubro de 2016
A directora
Asdo.: Lucía López Bejo
Descargar documento

Imprimir este Artigo
Calendario escolar 2016-17
Para acceder ó calendario escolar é necesario premer no seguinte documento.
Día non lectivo de libre elección polo instituto
Por aprobación do Consello Escolar será día non lectivo de libre elección, para o presente curso académico 2016-17, o seguinte:
.27 de Marzo de 2017
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo




















