Our Erasmus Project at OMBUDIXITAL.ORG (a revista dixital do IES do Castro)

Publicado o 13 Xuño, 2021 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

Special report of our project

 erasmus-project.jpg

https://ombudixital.org/our-erasmus-project/

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

The Story of Our ERASMUS+ PROJECT: Chapter FOUR

Publicado o 20 Xuño, 2020 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

The Story of Our ERASMUS+ PROJECT: Chapter THREE

Publicado o 20 Xuño, 2020 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

The Story of Our ERASMUS+ PROJECT: Chapter TWO

Publicado o 20 Xuño, 2020 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

The Story of Our ERASMUS+ PROJECT: Chapter ONE

Publicado o 20 Xuño, 2020 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ERASMUS + | Educating Citizens: Learning Democracy Through Social Action

Publicado o 23 Xaneiro, 2020 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

logo-social-action.png

EDUCATING CITIZENS: LEARNING DEMOCRACY THROUGH SOCIAL ACTION

(Educando cidadáns: aprender valores democráticos mediante a acción social)

Este é o título do programa ERASMUS+ no que está a participar o noso centro. Ten unha duración de dous anos, comezando en setembro de 2018 e finalizando en xullo de 2020. Estamos a traballar nel catro centros de distintos países europeos. Un deles é o noso, IES do Castro, e os outros tres son: O ProCivitas Privata Gymnasium AB Stockholm que é o centro coordinador internacional e está situado na cidade de Estocolmo; A Szabad Walford Atalanos Iskola és Gimnazium, na cidade de Szeged,  Hungría; o 1st Lyceum of Rodas, en Rodas, Atenas.

O proxecto desenvólvese na área temática da educación para a cidadanía e o obxectivo céntrase en desenvolver a competencia social e cívica entre os estudantes, mediante unha “viaxe de aprendizaxe” que complete os seus estudos curriculares e que os prepare para unha activa participación na vida política e social.

Para cumprir este obxectivo, alumnado e profesorado participante está a desenvolver diversas actividades comúns a todos os centros participantes, ademais dos catro encontros transnacionais, dunha semana, aos que asisten unha representación do alumnado e profesorado participante. Esta é a orde de celebración dos encontros: Szeged (Hungría) en marzo/abril de 2019; Rodas, outubro de 1919; IES do Castro, febreiro de 2020;  Estocolmo, abril de 2020.

Este proxecto está financiado integramente polo programas ERASMUS+ da UE, cunha subvención que cubrir tanto os gastos relacionados coa xestión do proxecto coma os derivados dos encontros transnacionais.

O SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación) é o responsable de  avaliar  a memoria final do proxecto.

Páxina web do proxecto:

https://erasmuseducitizens.wordpress.com/

Instagram do proxecto en Vigo:

socialaction_erasmusplus_vgo

Instagram do proxecto:

socialaction_erasmusplus

erasmus-logo.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proxecto Erasmus DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP | Actualización

Publicado o 19 Setembro, 2018 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

 

Durante dous cursos académicos, de 2015 a 2017, o IES do Castro desenvolveu un proxecto Erasmus que potenciaba o uso da lingua oral a través do debate. O ano pasado soubemos que a Comisión Europea escollera este proxecto exemplo de boas prácticas educativas.

Agora vén de comunicarnos que a información sobre o proxecto e o enlace á páxina do mesmo (DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP) aparece na portada deste mes da School Education Gateway, a plataforma europea online para a educación. que se traduce a 23 idiomas.

Este é o enlace :

https://www.schooleducationgateway.eu/en/pub/latest/practices/loquor-ergo-sum-language-teach.htm

ddd.jpg

Al final, os participantes reuniron suficiente material para producir un vídeo tutorial sobre o formato do debate Karl Popper, con vídeos dos seus debates ilustrando as súas diferentes fases:  

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Erasmus+ DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP como exemplo de boas prácticas (EUROPEAN GOOD PRACTICE)

Publicado o 28 Febreiro, 2018 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

 A COMISIÓN EUROPEA vén de seleccionar o proxecto Erasmus+ DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP como exemplo de boas prácticas (EUROPEAN GOOD PRACTICE).

Desde setembro de 2016 ata agosto de 2017 o IES do Castro participou, xunto con outros tres centros europeos de Hungría, Letonia e Grecia, no programa europeo Erasmus+, cun proxecto chamado Dispute, Discuss, Develop,

O proxecto consistiu en preparar aos estudantes para debater e participar en catro competicións de debate (unha en cada un dos centros participantes) sobre temas científicos, políticos, literarios, tecnolóxicos e de cidadanía.

Para a realización das actividades e mesmo para a mobilidade de estudantes e profesores acompañantes, o proxecto recibiu unha subvención da Comisión Europea, razón pola cal debeu someterse a un control de seguimimento ao finalizar o primeiro ano e  a unha avaliación externa ao finalizar o segundo ano, que tivo en consideración cuestións como a relevancia do mesmo, a xestión, a difusión, os reultados e a calidade dos productos.

A puntuación recibida foi  moi satisfactoria, xa que acadomos 93 puntos de 100; hai uns días o proxecto foi seleccionado pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas  ( “European Good Practice” ), distinción que premia o esforzó e traballo ben feito.

A web do proxecto (http://www.idebate.eu/)  aparece xa enlazada na páxina da Comisión Europea:

https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/projects/eplus-project-details/#project/2015-1-HU01-KA219-013504

Na etiqueta E-LIBRARY pódese acceder aos productos que consideramos máis interesantes neste proxecto. 

1. O booklet, un documento onde se recollen exemplos de actividades  de aula realizadas en cada un dos centros co obxetivo de preparar aos estudantes para as actividades de debate, transcripción das finais das competicións de debate, fotos dos encontros, etc

http://www.idebate.eu/wp-content/uploads/2017/10/booklet-debating.pdf.

2. O video tutorial, composto, gravado e editado polo equipo ERASMUS deste centro.

 https://drive.google.com/file/d/0Byek-hbhpjNuYUE1TlEyelRpNjQ/view

Na etiqueta LIVE DEBATES pódense ver as finais das catro competicións de debate, unha en cada país:

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo