 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		Constitución da mesa electoral para o Consello Escolar 2024
[Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1]
Información completa no taboleiro principal do IES do Castro

constitucion-mesa-electoral.pdf
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		Normas de préstamo e utilización de taquillas no curso 2024-2025

NORMAS DE PRÉSTAMO E UTILIZACIÓN DE TAQUILLAS. CURSO 2024-2025
1. Disposición das taquillas
Existen un total de 200 armarios distribuídos na planta baixa e nos relanzos das escaleiras entre a planta baixa e o primeiro andar.
Distribuiranse por zonas segundo os cursos: 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO; 1º e 2º BACH.
2. Tramitación das solicitudes e adxudicación
- Os impresos de solicitude recolleranse en Conserxería o luns 30 de setembro.
- Presentar o documento de solicitude e préstamo na Conserxería do centro correctamente cuberto nun prazo de 2 días desde a entrega do mesmo: martes 2 e mércores 3 de outubro Se a solicitude non se entrega no prazo establecido, a persoa solicitante quedará á espera de que sobre algún armario que se lle poida asignar.
- A adxudicación realizarase por orde de chegada das solicitudes o venres 4 de outubro.
- Entregar unha fianza de 12 euros (6 se é compartida) cando se lle entreguen as chaves.
- Só se prestarán armarios compartidos; unicamente se pode solicitar un armario individual por enfermidade debidamente acreditada. Ao non haber suficientes armarios, deste xeito beneficiarase máis alumnado.
3. Condicións do préstamo
- O alumnado poderá facer uso dos armarios durante o seguinte período: 2º bacharelato ata o 31 de maio; 1º de bacharelato ata o remate da avaliación ordinaria (comezos de xuño) e a ESO ata o 21 de xuño.
- O incumprimento dalgunha das normas de utilización establecidas no punto 4 suporá a perda automática do seu uso.
- Ao presentar a solicitude acéptanse todos e cada un dos requisitos e normas recollidos neste documento.
- Ao rematar o curso, os usuarios/as devolverán as chaves segundo as instrucións que se lles dean, sendo isto un requisito imprescindible para que se lles devolva a fianza.
4. Normas de utilización dos armarios
- Non está permitido o intercambio de armarios entre o alumnado.
- O instituto non se responsabiliza dos obxectos de valor ou susceptibles de ser subtraídos que o alumnado deixe neles.
- Os danos e/ou roturas exteriores ou interiores son responsabilidade do/a (s) alumno/a (s) adxudicatario do mesmo. O armario ten que ser devolto nas mesmas condicións en que se recibiu.
- Queda prohibido depositar obxectos que polas súas características ou composición poidan ser considerados perigosos, nocivos para a saúde ou contrarios ás normas do centro.
- A dirección do centro resérvase o dereito a abrir os armarios ante a sospeita do incumprimento das normas de uso.
- Só se poden utilizar os armarios na hora de entrada, durante o recreo e á saída. Queda prohibido utilizalos nas horas de clase e entre as clases.
- Se se perde a chave do armario, deberase aboar o custo da nova chave (2 euros) no momento da entrega para poder seguir utilizándoo, de non ser así, pérdese o dereito a usalo.
- Débese comunicar á conserxería do centro calquera estrago que se observe nos armarios (golpes, pechaduras forzadas, etc.). Se a primeira vez que se abre se nota algún, débese comunicar inmediatamente.
- Cando finalice o período de uso, devolveranse 10 euros da fianza (5 para cada persoa se é compartido) unha vez que se comprobe o bo estado do armario.

 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		Convocatorias da ANPA IES do Castro
 
 
CONVOCATORIA XUNTANZA XERAL ORDINARIA
Martes 15 de Outubro ás 18:00 horas. Pavillón E.F. do IES do Castro.
Orde do día:
1.- Lectura  do Informe de actividades do curso 2023/2024.
2.- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas do curso 2023/2024.
3.- Proposta e aprobación, se procede, do Plan de actuacións da ANPA curso 2024/25.
4.- Próximas eleccións ó Consello Escolar.
5.- Rogos e preguntas.
CONVOCATORIA XUNTANZA XERAL EXTRA-ORDINARIA
Martes 15 de Outubro ás 18:30 horas. Pavillón E.F. do IES do Castro.
Orde do día:
1.- Renovación Presidencia e Xunta Directiva, DE NON TER CANDIDATOS SE DISOLVERÁ O ANPA.
2.- Elección e nomeamento da Xunta directiva.
3.- Proposta e aprobación, se procede, da disolución da ANPA de non renovar a Xunta Directiva. 
As xuntanzas da ANPA son abertas á participación de tódolos pais e nais de alumnado do IES, aínda que o dereito de voto esta limitado ás familias socias da ANPA. Os asistentes aínda non asociados poderanse asociar persoalmente na asemblea, cubrindo a ficha da asociación que figura nesta convocatoria e pagando a cuota anual familiar. Pregamos levedes o importe exacto da cuota (= 5 €/familia/curso).

 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		
	
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	
















