Importante xa en vigor: Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Educación sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

RESUMO DA ORDE XA EN VIGOR:
1. Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.
2. Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.
3. Os centros poderán establecer excepcionalmente normas para a correcta utilizacióndos dispositivos indicados como ferramenta pedagóxica, supervisada polo profesorado.
4. Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado.
Texto completo da Orde

 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		
	
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	











