Normas de préstamo e utilización de taquillas no curso 2025-2026

Publicado o 30 Setembro, 2025 na sección Taquillas, Zona Alumnado, +++Documentos e formularios de interese, Vicedirección por Alberte Zato

I.E.S. do Castro

 

NORMAS DE PRÉSTAMO E UTILIZACIÓN DE TAQUILLAS. CURSO 2025-2026

 

1.    Disposición das taquillas

Existen un total de 200 armarios distribuídos na planta baixa e nos relanzos das escaleiras entre a planta baixa e o primeiro andar.  

Distribuiranse por zonas segundo os cursos: 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO; 1º e 2º BACH.

 

2.    Tramitación das solicitudes e adxudicación

·        Os impresos de solicitude recolleranse en Conserxería o martes 30 de setembro.

·         Presentar o documento de solicitude e préstamo na Conserxería do centro correctamente cuberto nun prazo de 2 días desde a entrega do mesmo: mércores 1 e xoves 2 de outubro.  Se a solicitude non se entrega no prazo establecido, a persoa solicitante quedará á espera de que sobre algún armario que se lle poida asignar.

A adxudicación realizarase por orde de chegada das solicitudes o luns 6 de outubro.

·         Entregar unha fianza de 12 euros (6 se é compartida) cando se lle entreguen as chaves.

·         Só se prestarán armarios compartidos; unicamente se pode solicitar un armario individual por enfermidade debidamente acreditada. Ao non haber suficientes armarios,   deste xeito beneficiarase máis alumnado.

 

3.    Condicións do préstamo

·         O alumnado poderá facer uso dos armarios durante o seguinte período: 2º bacharelato ata o 31 de maio; 1º de bacharelato ata o remate da avaliación ordinaria (9 de xuño) e a ESO ata o 19 de xuño.

·         O incumprimento dalgunha das normas de utilización establecidas no punto 4 suporá a perda automática do seu uso.

·         Ao presentar a solicitude acéptanse todos e cada un dos requisitos e normas recollidos neste documento.

·         Ao rematar o curso, os/as usuarios/as devolverán as chaves segundo as instrucións que se lles dean (día límite para a recollida o 30 de xuño do

presente curso), sendo isto un requisito imprescindible para que se lles devolva a fianza.

 

 

4.    Normas de utilización dos armarios

·         Non está permitido o intercambio de armarios entre o alumnado.

·         O instituto non se responsabiliza dos obxectos de valor ou susceptibles de ser subtraídos que o alumnado deixe neles.

·         Os danos e/ou roturas exteriores ou interiores son responsabilidade do/a (s) alumno/a (s) adxudicatario do mesmo. O armario ten que ser devolto nas mesmas condicións en que se recibiu.

·         Queda prohibido depositar obxectos que polas súas características ou composición poidan ser considerados perigosos, nocivos para a saúde ou contrarios ás normas do centro.

·         A dirección do centro resérvase o dereito a abrir os armarios ante a sospeita do incumprimento das normas de uso.

·         Só se poden utilizar os armarios na hora de entrada, durante o recreo e á saída. Queda prohibido utilizalos nas horas de clase e entre as clases.

·         Se se perde a chave do armario, deberase aboar o custo da nova chave (2 euros) no momento da entrega para poder seguir utilizándoo, de non ser así, pérdese o dereito a usalo.

·         Débese comunicar á conserxería do centro calquera estrago que se observe nos armarios (golpes, pechaduras forzadas, etc.). Se a primeira vez que se abre  se nota algún,  débese comunicar inmediatamente.

·         Cando finalice o período de uso, devolveranse 10 euros da fianza (5 para cada persoa se é compartido) unha vez que se comprobe o bo estado do armario.

 

 

Documento en .pdf con impreso de solicitude

pdf2.png

 taquillas-25-26.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Xornadas de acollida das familias

Publicado o 9 Setembro, 2025 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

[Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1]

xornadas_de_acollida_das_familias.jpg

pdf2.png

xornadas_de_acollida_das_familias.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Normas de préstamo e utilización de taquillas no curso 2024-2025

Publicado o 27 Setembro, 2024 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

I.E.S. do Castro

NORMAS DE PRÉSTAMO E UTILIZACIÓN DE TAQUILLAS. CURSO 2024-2025

1. Disposición das taquillas

Existen un total de 200 armarios distribuídos na planta baixa e nos relanzos das escaleiras entre a planta baixa e o primeiro andar.

Distribuiranse por zonas segundo os cursos: 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO; 1º e 2º BACH.

 

2. Tramitación das solicitudes e adxudicación

  •  Os impresos de solicitude recolleranse en Conserxería o luns 30 de setembro.
  • Presentar o documento de solicitude e préstamo na Conserxería do centro correctamente cuberto nun prazo de 2 días desde a entrega do mesmo: martes 2 e mércores 3 de outubro Se a solicitude non se entrega no prazo establecido, a persoa solicitante quedará á espera de que sobre algún armario que se lle poida asignar.
  • A adxudicación realizarase por orde de chegada das solicitudes o venres 4 de outubro.
  • Entregar unha fianza de 12 euros (6 se é compartida) cando se lle entreguen as chaves.
  • Só se prestarán armarios compartidos; unicamente se pode solicitar un armario individual por enfermidade debidamente acreditada. Ao non haber suficientes armarios, deste xeito beneficiarase máis alumnado.

3. Condicións do préstamo 

  • O alumnado poderá facer uso dos armarios durante o seguinte período: 2º bacharelato ata o 31 de maio; 1º de bacharelato ata o remate da avaliación ordinaria (comezos de xuño) e a ESO ata o 21 de xuño.
  • O incumprimento dalgunha das normas de utilización establecidas no punto 4 suporá a perda automática do seu uso.
  • Ao presentar a solicitude acéptanse todos e cada un dos requisitos e normas recollidos neste documento.
  • Ao rematar o curso, os usuarios/as devolverán as chaves segundo as instrucións que se lles dean, sendo isto un requisito imprescindible para que se lles devolva a fianza.

4. Normas de utilización dos armarios

  • Non está permitido o intercambio de armarios entre o alumnado.
  • O instituto non se responsabiliza dos obxectos de valor ou susceptibles de ser subtraídos que o alumnado deixe neles.
  • Os danos e/ou roturas exteriores ou interiores son responsabilidade do/a (s) alumno/a (s) adxudicatario do mesmo. O armario ten que ser devolto nas mesmas condicións en que se recibiu.
  • Queda prohibido depositar obxectos que polas súas características ou composición poidan ser considerados perigosos, nocivos para a saúde ou contrarios ás normas do centro.
  • A dirección do centro resérvase o dereito a abrir os armarios ante a sospeita do incumprimento das normas de uso.
  • Só se poden utilizar os armarios na hora de entrada, durante o recreo e á saída. Queda prohibido utilizalos nas horas de clase e entre as clases.
  • Se se perde a chave do armario, deberase aboar o custo da nova chave (2 euros) no momento da entrega para poder seguir utilizándoo, de non ser así, pérdese o dereito a usalo.
  • Débese comunicar á conserxería do centro calquera estrago que se observe nos armarios (golpes, pechaduras forzadas, etc.). Se a primeira vez que se abre se nota algún, débese comunicar inmediatamente.
  • Cando finalice o período de uso, devolveranse 10 euros da fianza (5 para cada persoa se é compartido) unha vez que se comprobe o bo estado do armario.

.pdf

 taquillas-24-25.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Fondo de Libros 2024-25: listaxe definitivo publicada

Publicado o 16 Xullo, 2024 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

 

books-stationery-61.png

Publicada a listaxe definitiva do Fondo Libros. Pódense consultar no taboleiro de anuncios do centro.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Fondo de Libros 2024-25: listaxes provisionais publicadas

Publicado o 12 Xullo, 2024 na sección Avisos urxentes, Vicedirección por Alberte Zato

books-stationery-61.png

Publicadas as listaxes provisionais do Fondo Libros. Pódense consultar no taboleiro do centro ou ben accedendo á aplicación.

O prazo de reclamacións remata o luns 15 de xullo ás 14:00 horas.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Aviso: listaxe de FONDOLIBROS xa dispoñibel cos libros específicos

Publicado o 20 Xullo, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

 

books-stationery-61.png


Comunicamos que xa están expostas no taboleiro do centro para a súa consulta as listas definitivas de FONDOLIBROS.

 

  • Lembren que como só poden facer fotografías dos libros que lle corresponden ao seu fillo ou filla, en virtude da Lei de protección de datos, e iso é difícil, fica restrinxida a realización de fotos da listaxe.
  • Para a súa comodidade tamén existe a posibilidade de consultar a listaxe na sede electrónica da xunta coa Chave365 ou certificado dixital do solicitante: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/



Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Avisos sobre Fondolibros (Consellería de Educación) e Trocalibros (ANPA) 2023-2024

Publicado o 7 Xullo, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Vicedirección por Alberte Zato

books-stationery-61.png

trocalibros.jpg

 

  • Comunicamos que xa están expostas no taboleiro do centro as listas provisionais do alumnado que ten concedidos libros de texto en Fondolibros (Consellería de Educación).


  • Tamén queremos recordar ás familias que en setembro, cando a ANPA ten previsto realizar  o TROCALIBROS, poderán doar os libros de 1º ESO, 2º ESO e 1º de bacharelato que xa non necesiten.
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Graduación 2023: reportaxe fotográfica

Publicado o 20 Maio, 2023 na sección Graduacións, Despedidas, Zona Alumnado, Galería fotográfica por Alberte Zato

graduacion2023.jpg

Para ver as fotos a tamaño grande clique nelas

 dsc_0003.jpg

dsc_0004.jpg

dsc_0005.jpg

 dsc_0006.jpg

dsc_0008.jpg

 dsc_0011.jpg

 dsc_0012.jpg

 dsc_0017.jpg

dsc_0018.jpg

dsc_0019.jpg

 dsc_0020.jpg

dsc_0022.jpg

dsc_0025.jpg

music.jpg

dsc_0035.jpg

dsc_0036.jpg

dsc_0038.jpg

dsc_0039.jpg

dsc_0040.jpg

GRUPO A 

 grupo-a.jpg

GRUPO B

 grupo-b.jpg

 dsc_0082.jpg

 

GRUPO C

grupo-c.jpg 

GRUPO D

grupo-d.jpg 

 

BACH INTERNACIONAL

 grupo-bi.jpg

dsc_0062.jpg

dsc_0063.jpg

dsc_0068.jpg

dsc_0069.jpg

dsc_0077.jpg

dsc_0081.jpg

 

BOA VIAXE AO FUTURO A TODOS/AS!!!!!! 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo