Desde a miña fiestra: A voltas co ombú do IES do Castro | Artigo do Prof. Xulio Dobarro, ex-director do IES do Castro
O último número da revista Camelia, que edita a Sociedad Española de La Camelia en decembro de 2020, publica un artigo titulado “Los árboles, grandes testigos de nuestra historia. Origen del ombú del Castro, símbolo de hermanamiento entre Galicia y Argentina” do que son autoras Ángeles Barros, Pilar Vela e Carmen Salinero. Estación Fitopatolóxica Areeiro. Deputación de Pontevedra.
Teño coñecemento desta publicación por unha compañeira, Rosa Segura Iglesias, profesora tamén coma min xubilada, que compartimos Claustro neste centro desde a súa fundación no ano 1993 ata hai poucos anos. Ela, moi coñecedora de números e doutros moitos saberes, é a que me envía o artigo, sabendo que, eu en particular, e a comunidade educativa do Castro en xeral adicaramos algúns esforzos para poñermos o Ombú “no lugar que se merece” [Este foi o slógan da campaña que se iniciou no curso 2009-2010, con desenlace feliz no 2016]
…
Continúar a ler o artigo completo en .pdf
a-voltas-co-ombu-do-ies-do-castro.pdf
Prof. Xulio Dobarro Ferradás, ex-director do IES do Castro.
Vigo, xaneiro de 2021.
Webgrafía
*Compilación Zatiana
Webgrafía
*Compilación Zatiana
- https://www.depo.gal/es/-/arbores-senlleiras-ombu-do-instituto-o-castro
- https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/07/30/ombu-o-castro-tesoro-galicia-16551270.html
- https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/03/10/ombu-porteno-arraigo-o-castro-16672575.html
- https://www.atlantico.net/articulo/vigo/ombu-vigues-entra-catalogo-arbol-protegido/20170602004652591704.html
- https://www.atlantico.net/articulo/vigo/arboles-monumento-vigo/20160313023908519691.html


Sempre con nós, Xoán Xosé, sempre con nós!
Con consternación e profunda mágoa temos que comunicar o pasamento do Prof. (xubilado) Xoán Xosé Sande, fundador do IES do Castro.
Grande profesional, carismático e erudito xunto coas súas calidades humanas fan que os que compartimos con el anos e anos de docencia e convivencia sintamos profundamente non poder contar coa súa compañía e sorriso.
A comunidade do IES do Castro presenta aos seus familiares as súas condolencias e sinte a súa perda como propia.
Sempre con nós, Xoán Xosé, sempre con nós!!!!!!!!

Presentación do Proxecto de Sensibilización Medioambiental para o alumnado de 1 ESO
Onte, 4 de xuño, tivo lugar no noso centro a presentación oficial do Proxecto CAS de 1º de Bacharelato Internacional de Sensibilización Medioambiental para o alumnado de 1º ESO, co apoio da alcaldía de Vigo.
Visitáronnos autoridades locais e autonómicas: En concreto, o alcalde de Vigo acompañado pola concelleira-secretaria, o xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra e o inspector educativo do noso instituto.
No Salón de Actos, coa asistencia do alumnado de 1º de ESO e do alumnado de 1º de BI dinamizador desta iniciativa dentro das actividades CAS del Programa del Diploma, presentouse esta iniciativa de concienciación do noso alumnado máis novo sobre a conservación e respecto ao medio ambiente e prácticas de preservación e bo uso da riqueza natural do noso planeta.
Chegada e saúdo das autoridades na famosa cancela do instituto
O xefe territorial de Educación saúda ao alcalde e á concelleira de Fomento
O alumno de BI, Nicolás Infestas Carazo, dá a benvida ás autoridades
Presentación do acto e do proxecto polo director do instituto
O alumno Infestas fala do proxecto en nome dos seus compañeiros/as
Tres momentos da intervención do alcalde de Vigo
As autoridades departindo e socializando co noso alumnado
Visita e posado obrigado á sombra da nosa árbore senlleira, o ombú


Celebración dos 25 anos de traballo de Ana García no IES do Castro
Co gallo do 25 aniversario do traballo ininterrumpido da funcionaria administrativa do IES do Castro Ana García - apreciada e benquerida - celebrouse este notable evento no IES do Castro o día 20 de decembro do 2018.
O acto consistiu principalmente en intervencións de profesorado e persoal, tanto en activo como xubilado, glosando a inestimable contribución de Ana ao nacemento, crecemento e consolidación do noso instituto, con proxeción de vídeos con mensaxes de aprecio e cariño para ela. Suliñable foi a presenza da maioría de membros das xuntas directivas dende a fundación do instituto até o presente - e os que non puideron asistir deixaron as súas mensaxes de aprecio. Tamén foi importante a presenza dese xa amplo corpo de funcionarios docentes xubilados que deixaron a súa impronta na vida do IES do Castro
Houbo sesión de fotos pertinente, e un ambigú para despedir tamén ao primeiro trimestre e ao ano 2018.
[Clique nas imaxes para velas a tamaño 1:1]


Xoves 29-N de eleccións no IES do Castro
O xoves, 29 de novembro, foi un día cheo de votos e urnas no IES do Castro.
Todos os estamentos da comunidade escolar elexían aos seus representantes no Consello escolar do centro. Así pois, as urnas decidiron as persoas que co seu posto de conselleiros/as axudarán ao bo goberno do instituto.
Deixamos unha breve reseña fotográfica do día…

