Comunicado ás familias sobre los casos de contaxio Covid-19 no instituto | 3 casos até data 18-10-2020

Publicado o 18 Outubro, 2020 na sección Xestión e protocolos CoVid-19, Dirección por Alberte Zato

Desde o IES do Castro queremos amosar o noso apoio ao alumnado afectado pola Covid-19 e ás súas familias nestes difíciles momentos.

Asemade, queremos agradecerlles a súa pronta reacción en canto se detectou o primeiro caso positivo, xa que a inmediata información tanto ao centro como aos posibles contactos permitiu adoptar as medidas pertinentes desde o primeiro momento, mesmo antes de que o centro recibise a notificación oficial do primeiro caso por parte das autoridades sanitarias.

Non temos dúbida de que, xunto coas normas de seguridade do centro, que están a funcionar correctamente, foi a actuación dilixente e responsable do alumnado e das familias implicadas o que evitou que esta situación se propagara máis.

Reiteramos a nosa confianza no bo funcionamento das medidas adoptadas no noso centro, e pedimos a todas as familias que, tal e como se fixo neste caso, nos manteñan sempre informados de calquera incidencia, xa que unha intervención rápida pode marcar a diferencia.

Lembramos ás familias a obrigatoriedade de incorporar na súa rutina a realización da autoevaluación diaria antes de asistir ao Centro.


 

CARTA ÁS FAMILIAS CON INFORMACIÓN IMPORTANTE

descargable en .pdf

comunicado_familias_casos_covid_19_outubro.pdf

 


comunicado_familias_casos_covid_19_outubro.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Comunicado sobre a 2ª Avaliación

Publicado o 30 Marzo, 2020 na sección Xestión e protocolos CoVid-19, Avisos urxentes, Xefatura de Estudos, Dirección por Alberte Zato

Comunicado sobre a 2ª Avaliación

Estimadas Familias:

Queremos comunicarvos as instrucións que  a Consellería de Educación nos notificou aos centros para que finalicemos a 2º Avaliación antes do 3 de abril. Nesas instrucións indican, ademais, que para a obtención da cualificación nesta 2ª Avaliación: 

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data”

 

Por este motivo durante esta semana se realizarán as sesións de avaliación e as notas serán publicadas en Abalar o venres 3 de abril as 14:30 horas.

Rogamos a todas as familias que instalen a aplicación Abalar para poder visualizar as cualificacións. Non obstante, se algunha familia ten dificultades técnicas para a instalación deberá poñerse en contacto co titor/a do grupo e proporcionar un correo electrónico para que lle sexan enviadas as cualificacións.


Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Actualización de información: Martes 17 de marzo (En marcha xa a actividade docente on-line)

Publicado o 17 Marzo, 2020 na sección Xestión e protocolos CoVid-19, Avisos urxentes, Dirección por Alberte Zato

Actualización de información: Martes 17 de marzo

Ante todo queremos transmitirvos o noso apoio nestes momentos difíciles para todos e todas.

O primeiro que vos solicitamos é algo de tranquilidade e actuacións con sentido común ante esta situación. Poñendo como prioridade a vixencia do Estado de Alarma e a seguridade sanitaria de todos e todas e das vosas familias. Estar na casa nestes momentos é o que temos que facer e é unha obriga como sociedade. 

 

Durante estes primeiros días de emerxencia sanitaria o alumnado está empezando a recibir información e tarefas  do profesorado, empregando as canles que ata agora xa estaban establecidas entre eles (Correos electrónicos de traballo, Trello, Twitter , Instagram educativo, Google Drive, Aula Virtual IES do Castro, Blogs e páxinas web persoais do profesorado, etc.) 

 

Todo o profesorado e o Equipo Directivo estamos traballando dende o xoves 12  para coordinar a nova estrutura docente dixital do Centro, de maneira que, non so o alumnado reciba a información, senón que tamén as familias estedes actualizadas. É moi importante que toda a comunidade educativa actuemos dun xeito coordinado  e que contedes coa nosa axuda e asesoramento para a xestión e organización do proceso de aprendizaxe do alumnado.

 

Co fin de acadar estes obxectivos todo o profesorado do IES do Castro, coordinado polo Equipo Directivo está a desenvolver as seguintes accións educativas e de reorganización docente: 

 

    • Emprego de Abalar Móbil como ferramenta imprescindible de comunicación. Solicitamos a todas as familias que descarguen a app Abalar no seu teléfono móbil. 

    • Reunións virtuais dos departamentos para coordinar o traballo e colaborar na selección, modificación e creación de contidos dixitais.

    • Creamos a figura do “facilitador da docencia dixital” dentro de cada departamento. Este profesor ou profesora terá as funcións de asesoramente técnico, pedagóxico e de organización de tarefas e contidos dixitales dentro de cada departamento. 

    • A labor de titoria será reforzada dun xeito dixital por Abalar e correo electrónico.

    • Coordinación virtual do Equipo Directivo, Coordinador TIC, todos os departamentos e en especial co departamento de orientación pedagóxica.

    • Actualización, formación e activación na súa totalidade da Aula Virtual do Castro coa supervisión e xestión do coordinador e dinamizadores TIC do Centro. 


    • Coordinación con Coordinadora BI. Calquera cuestión relacionada coa xestión do BI a través da súa Coordinadora e por correo electrónico 



Seguiremos informando a medida que se xeneren novedades. 

 

 

Un afectouso saúdo ás familas e o a todo o noso alumnado.

 

 

O Equipo Directivo do IES do Castro 


Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo