Aristófanes: “La asamblea de las mujeres” Tradución ao español de F.R. Adrados


aristofanes-la_asamblea_de_las_mujeres_traduccion_espanola_de_fr_adrados.pdf
Unha magnífica tradución española con notas do profesor Adrados.
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Departamento de grego
As lecturas do 2º trimestre tanto para o alumnado de 1º como de 2º de bacharelato estarán centradas no Teatro Clásico.
1º BACHARELATO:
TRAXEDIA : Edipo Rei de Sófocles.
2º BACHARELATO
TRAXEDIA: Edipo Rei de Sófocles.
COMEDIA : Asamblea de mulleres de Arístófanes
EL LIBRO TOTAL EDIPO REI(PDF) ASAMBLEISTAS(PFD)
Antes da lectura do Edipo Rei, debedes ler o mito de Edipo.
BIBLIOGRAFIA:
GRIMAL,Pierre: Dicionario de mitoloxía grega e romana.Ediciones Paidós
Barcelona,1982.
Podedes consultar este dicionario na biblioteca do centro.
Calqueira outro dicionario ou manual de mitoloxía que teñades a mán.
Na aula de grego tedes a vosa disposición libros que podedes levar en préstamo para casa ou ben utilizar os arquivos que se inclúen neste artigo.
Imprimir este Artigo
Alumnado grego 2º bacharelato
Imprimir este Artigo
Recursos para cultura clásica, latín e grego
Alumnado de linguas clásicas

Para todos/as os alumnos/as de cultura clásica, latín e grego. Aqui os deixo uns enlaces moi interesantes onde podedes practicar online, os vosos coñecementos sobre a cultura e linguas greco-romanas. Estas son boas datas, próximos estamos aos exames finais, de poñer en práctica as vosas destrezas da lingua de Roma e da lingua grega.E un modo sinxelo á par que entretido e así os vosos estudos de declinacións e conxugacións non vós resultarán tan duros.
Enlaces
Recursos online de latín, grego e cultura clásica
http://www.culturaclasica.com/
http://www.extremaduraclasica.com/contenidos/htm.
Imprimir este Artigo
Unha de gregos e troianos

Moitas son as versións cinematográficas, dende os comenzos do cine ata os nosos días, da moi afamada Guerra de Troia.
Alumnos/as de grego, sei de certo que todos vós “disfrutades moito” lendo as aventuras e desventuras de Aquiles o dos pés lixeiros, sufrides coa morte de Héctor, o de tremolante casco , e mesmo desaprobades a actitude de Paris, o fillo de Príamo , cando se nega a loitar con Menelao , o esposo de Helena, a de fermosas meixelas.
Sei de certo que se Homero erguese a súa cabeza, permitídeme recurrir ao máis puro estilo épico, tería esta versión de Guerra de Troia como a máis impresionante, indescriptible e inesperada de todas as baseadas neste imperecedeiro mito.
Espero que agora disfrutedes con esta épica adaptación.
Así falan e así se moven os sempiternos deuses, os valerosos troianos e os aqueos de fermosas grebas.
Para velo a pantalla completa clique na icona
Infografía: Alberte Zato
Imprimir este Artigo
Alumnado de grego 2º de Bacharelato
Alumnos/as de grego 2ºBacharelato
Aquí tedes a circular da materia de grego II e un exemplo de exame de selectividade.
Selectividade grego proba ( pdf )
Recordade que a parte literaria consiste na lectura das seguintes obras:
Obras de lectura obrigatoria
Ilíada de Homero Cantos I, VI, XVI e XXII
Poetas líricos gregos: Alceo, Safo e Arquíloco.
O Edipo Rey de Sófocles
Asamblea das mulleres ( Asamblearias ) de Aristófanes.
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo



