Protocolo de adquisición, características e uso das máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas

Publicado o 3 Decembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

pack-de-10-mascarillas-talla-generica1.jpg

Estimadas familias :

Segundo a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso 2020/21 será beneficiario das máscaras , directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.

A Dirección Xeral de Centros e RRHH mandou unha serie de instrucións para a compra destas máscaras por parte dos centros : Tipoloxía das máscaras – Máscaras hixiénicas reutilizables segundo especificacións UNE 0065 para uso do alumnado. Empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Non poderán levar ningún tipo de inscrición ou serigrafía.

Adquiriranse 3 ou 4 por alumno/a en función da súa durabilidade ( número de lavados ) , e dos días lectivos que resten de curso.

O noso centro mercou 3 por estudante polas características das máscaras . Teñen 70 lavados e poden ser usadas durante 210 días de clase . Recomendamos non usar estas máscaras durante as vacacións e fins de semana.

Un saúdo da dirección do IES DO CASTRO

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Club de Lectura

Publicado o 18 Novembro, 2020 na sección Club de lectura, Zona Alumnado por Carmen Vilariño Agras

Se che gusta ler, pasar un bo rato comentando as lecturas, coñecer a novas e novos compañeiros, esta é a túa oportunidade.

club.png

APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA

No primeiro andar  tedes dúas caixas onde poder inscribiros depositando en calquera delas un papel onde fagades constar o voso nome, curso e nivel educativo e en que club  queredes participar.

club-lectura-2.png

A próxima semana convocaremos unha reunión con todos os inscritos, para falar  sobre os libros a ler

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Exame Pendentes Filosofía 1º de Bacharelato

Publicado o 16 Novembro, 2020 na sección Filosofía por Fernando

EXAME DE PENDENTES FILOSOFÍA 1º BACHARELATO

CURSO 2022 -2023

DATAS

Martes 17 de xaneiro de 2022 de 16,30 h. a 18,00 h.

Martes 18 de abril de 2022 de 16,30 h. a 18,00 h.

Se se aproba o primeiro exame non será necesaria a realización do segundo

CONTIDOS MÍNIMOS.

FILOSOFÍA, CIENCIA E OUTROS MODELOS DO SABER.

1- Qué é a filosofía:

- Orixe histórica

- Natureza da filosofía

2- Qué é o saber:

- Fontes do saber

- Graos do coñecemento

- As formas do saber

- O saber científico

A FILOSOFÍA COMO RACIONALIDADE TEÓRICA: VERDADE E REALIDADE.

1- A filosofía como racionalidade teórica:

- Qué é coñecer ( Interese e posibilidade do coñecemento)

- Criterios de verdade

- O problema apariencia-realidade (Realismo e Idealismo)

- Os límites do coñecemento: racionalismo, empirismo , apriorismo (Kant)

2- O saber científico:

- Qué é a ciencia

- Historia da ciencia

- O método: indutivo, dedutivo e o método científico.

- O progreso da ciencia

A RACIONALIDADE PRÁCTICA.

1- A filosofía práctica: dimensións, características e primacía

2- A ética:

- Moral e ética

- Moral como estrutura e moral como contido

- A acción moral e os seus elementos

- A conciencia moral e as súas funcións

- Valores e normas morais.

LÓXICA

- Formalización

- Elaboración de taboas de verdade

ESTRUTURA DO EXAME.

- Desenvolver 4 cuestións. ( 2,5 puntos cada unha. No caso da lóxica se pedirá un exercicio de formalización que valerá 1 punto e outro de taboa de verdade que valerá 1,5)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Horarios de titorías -telefónicas nun principio- no curso 2020-2021

Publicado o 16 Novembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Alberte Zato

mobile-phone.png

Lémbrase que as citas e comunicacións serán preferentemente vía telefónica (en casos de presencialidade comunicarase debidamente e razoadamente)

 .pdf

titores-2020-2021.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ORDE de regulación dos criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de ESO (Bacharelato excluído)

Publicado o 14 Novembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Alberte Zato

2020_5_8_75458s740×1.jpeg

 ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega complementaria procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, para que os centros docentes públicos dependentes da consellería e os centros privados concertados afronten no curso 2020/21 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.

 

As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar (Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial (DOG núm. 96, do 9 de maio).

 

Polo tanto, será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.

INFORMACIÓN MÁIS DETALLADA 

.pdf

orde-distribucion-mascaras-alumnado.pdf

 .pdf

 dog-venres-13-novembro-2020.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Hora de Ler

Publicado o 13 Novembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

O luns 16 de novembro imos comenzar coa Hora de Ler, Esta actividade está destinada as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO. Enmárcase dentro do Plan Anual da Biblioteca,e o fin primordial é o fomento , a animación á lectura e o aumento da comprensión lectora do noso alumnado.

A primeira hora de lectura comenzará, como ven especificado nos horarios de cada curso , na segunda hora.

protocolo-hora-de-leer.png

 
Debido aos novos aforamientos das aulas  , os armarios son as  novas bibliotecas de aula. Se algunha alumna ou alumno non trae  o seu libro, poderá utilizar os libros preparados no armario para a hora de Ler.
aula.png 
 

biblio-aula-1.png

hora-ler.jpg

CLIC NA IMAXE

DESCARGAR HORARIOS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega de premios Concurso de Microrrelatos

Publicado o 11 Novembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O venres entregáronse os premios do I Concurso de Microrrelatos Xoán Xosé Sande.

mesa-lpremios.jpg

alu-mnos-premiados.jpg

Tres dos alumnos premiados

O concurso convocouse para escribir un microrrelato que tivera como comenzo:

“As cousas  podían suceder de calquera outra maneira  e, con todo, sucederon así…”

profes-premados.jpg

Tres dos alumn@s premiados: Niobe Alonso , primeiro premio  Bacharelato, Andrea Costas , primeiro premio ESO e Miguel Cruz segundo premio ESO

migliarini.jpg

O terceiro premio de Bacharelato  recaeu en Martima Migliarini , pero foi recollido polo seu irmán

profes-premados.jpg

As profesoras e as alumnas e alumno  premiados

preioe-2.jpg

PARABÉNS A TODAS E TODOS AS PREMIADAS E OS PREMIADOS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Novembro Mes da Ciencia en Galego

Publicado o 2 Novembro, 2020 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

anagrama_cor_baixa-1.jpg

No mes de novembro dende as bibliotecas escolares celebramos a Mes da Ciencia.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, impúlsase a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

MANIFESTO MES DA CIENCIA EN GALEGO

O FEITIZO DA CIENCIA

Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico… chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade, dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor de cabeza. O traballo da ciencia pode facerse cun lapis e un papel, anotando o paso de aves migratorias, propoñendo unha hipótese brillante para explicar algún fenómeno da natureza, ou desenvolvendo unha solución matemática para calcular a danza aérea dunha bolboreta. E, por suposto, o traballo da ciencia tamén se fai nas instalacións que hai nos centros de investigación e de ensino, desde as máis simples ata as máis especializadas. En Galicia temos a fortuna de poder facer ciencia de calidade nos laboratorios das universidades e doutros centros de ensino. O importante e botarlle ilusión, paciencia e moita imaxinación. Pero ademais de facer ciencia, todos podemos gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes. O mes da ciencia en galego nas bibliotecas é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran. Pero, ollo; esta actividade é profundamente aditiva e, sen que un se decate, pode acabar gozando da lectura todos os días do ano.

Xurxo Mariño Alfonso  Profesor, investigador e divulgador científico

CLIC NA IMAXE E DESCARGA O MANIFESTO

Estamos a seleccionar libros de ciencia en galego para que durante este mes podades achegaros a novas lecturas de temática científica tanto divulgativa como de ficción.

No seguinte link  pódese atopar unha recompilación de materiais de ciencia en galego

   MATERIAIS CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

img_20201104_222727-1.png

img_20201104_222651.png

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo