Visita á Escola de Enxeñeiros Industriais.

Publicado o 29 Marzo, 2012 na sección Tecnoloxía por Luis Otero

 Dentro da programación do Departamento de Tecnoloxía o pasado martes, dia 27 de marzo,  o alumnado de 2º de Bacharelato Tecnolóxico fixo unha visita á Escola de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo. Desde as 10 da mañán ata as 13,30 recibiron toda clase de informacións por parte do profesorado dos Departamentos de Automática e de Materiais.

bellbot.jpg

No primeiro coñeceron a Bellbot, un robot que sirve de base para as probas do software elaborado na Escola con destino aplicacións diversas.
 

explicacion.jpg

No segundo fixeron un exhaustivo repaso polos contidos do tema “MATERIAIS E ENSAIOS” do programa de tecnoloxiá Industrial II
 

resizephp.jpg

Cando xa remataba a visita tivemos ocasión a de saludar a Miguel López, antiguo alumno do noso Instituto e hoxe brillante colaborador do proxecto XATCOBEO que ven de colocar en orbita un picosatelite de deseño e construcción propia.

grupo.jpg

Foto do grupo que realizou a visita xunto co profesor Paz do Departamento de Automática e a profesora Begoña Cortes e o profesor Luis Otero.
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Visita do alumnado de Tecnoloxía Industrial I

Publicado o 4 Decembro, 2011 na sección Tecnoloxía por Luis Otero

O pasado dia 23 de novembro e acompañados pola Profesora Sara Alvarez, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I realizou unha visita ao Parque Tecnolóxico de Ourense. Ali coñeceron as instalacións de Tecnopole   e as das  empresas Hispamoldes e CIS MADEIRA

la-foto2.JPG

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Xa podemos entrar na Royal Society

Publicado o 27 Outubro, 2011 na sección Tecnoloxía por Luis Otero

A Royal Society, recentemente destacada co premio Príncipe de Asturias, permite xa o acceso a 60000 traballos científicos donde se recolle unha boa parte dos fundamentos científicos e tecnolóxicos.

 faraday.JPG

Reproducción dun traballo de MIchael Faraday. creador do concepto de “campo”

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Publicado o 10 Outubro, 2011 na sección Despedidas, Tecnoloxía por Alberte Zato
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Visita a Citroën

Publicado o 9 Maio, 2011 na sección Tecnoloxía por Luis Otero

O pasado día 3 o alumnado de Tecnoloxía Industrial I fixo unha visita a Citroën dentro do programa de actividades do Departamento de Tecnoloxía. Poideron comprobar a organización da factoría, as condicións de traballo e o alto grao de automatización da producción.

citroen.jpg

Clic na foto para ampliar

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Dia da Internet Segura

Publicado o 8 Febreiro, 2011 na sección Dinamización de T.I.C.s, Tecnoloxía por Luis Otero

Pulsar para ir a la web internetsegura.com en ventana nueva

Hoxe, dia 8, celébrase o dia da Internet Segura. Hai moitas iniciativas na rede para acadar un uso seguro . Existen perigos reais e agachar a cabeza fiando todo a sorte non é unha boa idea. Perde uns minutos informándote sobre o uso seguro na rede por exemplo aquí

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Celebración do Día da Ciencia en Galego

O pasado 4 de novembro a ciencia falou galego no centro.Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá.

As primeiras horas  os carteis que anunciaban a celebración do día, penduraba dende as escaleiras. Ninguén tiña que ser allego a esta celebración, CELEBRABAMOS O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.

 O alumnado de 3º da ESO baixou da aula  de tecnoloxía os seus traballos , co fin de que todos poidesen disfrutar das súas creacións. Un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.

tecno-paint.jpg

Xogos matemáticos encheron o tempo de lecer de alumnos e profesores.Adicaron o descanso a intentar resolver difíciles e divertidos acertixos. Pero había premio, UNHA FERMOSA E APETITOSA MAZÁ.

mate-paint.jpg

Os de bacharelato tiveron sendas conferencias. Para os de 2º Bac. a departamento de Física e Química participou nuha video-conferencia xunto con outros centros de ensino . Os de 1º Bac asistiron a conferencia de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico galego Bibiano Fernández Osorio-Tafall.

Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.

    libroa-apintn.jpg            

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día da Ciencia en Galego

O próximo 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego , adicado a Ramón María Aller Ulloa, Alfonso X e James Clerk Maxwell. Diversos son os actos que se celebrarán nesta próxima semana, promovidos por distintas asociacións científicas galegascartellua.jpg

No instituto para celebrar ese día están programadas diversa actividades polos distintos departamentos didácticos da área científico- técnica e o departamento de normalización lingüística.

ACTIVIDADES 4 DE NOVEMBRO

RECREO

-XOGOS DE TERMOS CIENTÍFICOS EN BUSCA DE DEFINICIÓN.

-EXPOSICIÓN DE LIBROS CIENTÍFICOS ESCRITOS EN GALEGO.

- XOGOS MATEMÁTICOS.

12: 40 : CONFERENCIA DE XOSÉ FRANCISCO PARDO TEIJEIRO SOBRE O CIENTÍFICO-POLÍTICO GALEGO BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL( 1 º BAC. NA SALA DE CONFERENCIAS).

Para coñecer a figura do científico tema da conferencia podedes entrar neste enlace:

BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL 

 

 

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo