Concurso Relato Curto
A Biblioteca e o EDLG presentan o Concurso de Relato Curto
Teclee debaixo no campo da lupa o termo a procurares e prema na lupa ou na tecla Intro do seu teclado
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES do Castro é un organo consultivo e dinamizador e está integrado por profesorado de distintos departamentos, alumnado e persoal non docente do centro educativo.
Dentro do marco lexislativo que regula a utilización da lingua galega no ensino –Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, que desenvolve a Lei de normalización lingüística, e Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia-, o seu obxectivo principal é deseñar e levar a cabo propostas dinamizadoras coa finalidade de conseguir un uso normalizado e incrementar o uso da lingua galega no ámbito educativo e, deste xeito, favorecer as actitudes positivas de cara á lingua.
A bitácora Na punta da lingua será o medio de visibilización das actuacións dinamizadoras e tamén o espazo onde se ofrecen recursos e materiais en lingua galega (dicionarios, correctores, vocabularios específicos etc) a disposición de toda a comunidade educativa.
A Biblioteca e o EDLG presentan o Concurso de Relato Curto
DÍA DE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO DE 2022)
Un 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Lembrando os versos que Curros lle dedicou, unha muller “que tiña na fronte unha estrela e no bico un cantar”.
Por iso, este 23 de febreiro de 2022, a biblioteca do instituto e o EDLG queremos honrar a súa memoria celebrando o seu nacemento. E que mellor maneira de facelo que contribuíndo, como fixo ela, a dignificar o galego e demostrar que é unha lingua tan apta para a literatura coma calquera outra. E como imos facelo? Pois regalando literatura en galego!
Pero Rosalía son moitas persoas máis. En palabras de María Xesús Lama, autora dunha magnífica biografía da poeta, Rosalía é “unha rapaza atrevida disposta a construír unha vida independente”, “unha cidadá adulta que reflexiona sobre a sociedade do seu tempo e que aposta por un proxecto de cambio social”, “unha escritora que escribe a pé de rúa”, identificándose co pobo e sufrindo con el, denunciando as inxustizas e os abusos dos poderosos desde unha postura revolucionaria para a época,
Pero tamén é unha escritora consciente do seu talento que reivindica o seu espazo na literatura, os seus dereitos, en contra do machismo dominante. E “que escribe do que non está permitido, o que ninguén espera” nunha muller, como moi ben expresa neste poema de Follas novas:
Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller,
pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,
¿Ai! ¿De que a terei?
En resumo, unha muller libre. Nas súas palabras: Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.
ACTIVIDADES
Dende o EDLG e a Biblioteca convócase un concurso de creatividade literaria
CONCURSO DE POEMAS E MICRORRELATOS
TEMÁTICA DOS POEMAS LIBRE
TEMÁTICA DOS MICRORRELATOS:
A- A CREENZA GALEGA DOS CORPOS ABERTOS
C- A NATUREZA
LEDE BEN AS NORMAS E MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN NO DO CONCURSO
ANTE CALQUEIRA DÚBIDA CONSULTADE COA COORDINADORA DO EDLG CRISTINA NOGUEIRA OU BEN CON CARMEN VILARIÑO
Na Punta da Lingua - Informe Enquisa 2013
Máis boletíns “Na punta da Lingua” dispoñíbeis no blogue do equipo de Normalización Lingüística do IES do Castro