Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024-2025

Hoxe 11 de xuño publícase no DOG a Orde do 3 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311D).
En consecuencia, o prazo de matrícula para realizar a proba PEE será de 5 días hábiles, desde mañá 12 de xuño ata o 18 de xuño de 2025, ambos inclusive. A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.
Lembrámoslles que o procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas:
- Na primeira fase, o alumnado deberá formalizar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico (proba PEE).
Aínda que non hai requisito de nota media mínima na ESO para a matrícula na proba PEE, para a solicitude do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico SI hai un requisito de nota media mínima na ESO de 9 puntos. SÓ debe matricularse aquel alumnado que teña unha perspectiva realista de acadar esa nota media mínima.
- Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.
A proba PEE terá lugar o 26 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEE publicarase o día 19 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEE será de 3 días hábiles, do 20 ao 24 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEE publicarase o día 25 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
Imprimir este Artigo
Constitución da mesa electoral para o Consello Escolar 2024
[Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1]
Información completa no taboleiro principal do IES do Castro

constitucion-mesa-electoral.pdf
Imprimir este Artigo
AXUDASLE: Axudas para a Realización de Actividades de Formación en Linguas Estranxeiras no ano 2024

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024
NOTA INFORMATIVA DO 23 DE ABRIL DE 2024
Publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24).
- Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, 1ª de bacharelato
- Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, 2ª de bacharelato
- Listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación
Ábrese un prazo de 10 días hábiles a partir de hoxe (fin de prazo 8 de maio), para que as persoas solicitantes que figuran na listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación fagan entrega da documentación que se lle require, que poderá consultar a través do menú “3.Estado Solicitude” do sitio web:
https://www.edu.xunta.gal/axudasle/
Imprimir este Artigo
11ª Convocatoria das Becas Eurolingua
| Aberta a 11ª Convocatoria das Becas Eurolingua |
Estos cursos, que están becados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluido, dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.Poden consultar toda a información da convocatoria picando neste ligazón: Becas Eurolingua.
- O programa está becado al 100% e inclúe:
- Programa de 20 clases de inglés semanais.
- Material didáctico.
- Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
- Programa de actividades culturais, visitas e excursiones.
- Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
- Teléfono de emerxencia 24 horas.
- Non incluido, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
Os requisitos para solicitar a bolsa son:
- Idade mínima 14 años.
- Media académica de polo menos 6 puntos.
- Estar matriculado neste curso nalgún destes estudios: ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doutoramentos incluidos).
- Ter nacionalidade de calquera país da UE.
O prazo de solicitude para estas bolsas finaliza o 21 de abril. Se teñen calqueira dúbida poden consultar no noso apartado de preguntas frecuentes, respondendo a este e-mail o no noso chat online.
Tamén poden consultar as opiniones dos estudiantes becados nass anteriores convocatorias picando aquí: Opiniones Becas Eurolingua.
Agradecemos difusión entre os que poidan estar interesados.
Imprimir este Artigo
Convocatoria de inscrición nas Probas de Certificación e Acreditación Lingüística ECL no IES do Castro con axudas da Xunta da Galiza

Segundo a RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DURANTE O CURSO 2023/2024 dispoñíbel para descarga aquí

resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos_curso_2023-2024.pdf
O IES do Castro por medio do seu departamento de Lingua Inglesa abre o período de incrición para solicitar as axudas que permitan a gratuidade de ditas probas no instituto.
Características:
- Convocatoria para alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
- As probas celebranse no IES do Castro organizadas e tuteladas por unha entidade certificadora da nosa elección en datas elexidas polo departamento de inglés que mellor conveñan.
- Serán gratuitas para as familias coas axudas de 100 euros convocadas. (Nota: sugundo os acordos que se cheguen coa empresa certificadora)
- Poderase obtar ao seguintes niveis ECL (sexan realistas, plz.):
- B1,B2 e C1 (véxase o ligazón de información sobre estas certificacións).
Ligazón de interese

- Como se estima que as inscricións superarán ás prazas concedidas seguirase un baremo para a selección das mesmas confeccionado no seu intre polo departamento de Lingua Inglesa e aprobado polo Consello Escolar.
- O prazo de inscrición finaliza o día 31 de outubro de 2023 ás 14:00 horas.
- A inscrición presentarase nun formulario oficial (dispoñibel para a súa descarga debaixo ou fisicamente na conserxería do instituto)

solicitude_inscricion_exames_certficacion-lingusitica-ingles-2023-2024.pdf
- O formulario de inscrición entregarase:
- en man polo alumnado interesado ao profesor ou profesora de inglés de cada solicitante,
- ou ben ao xefe do departamento, Prof. Zato.
- ou ben por correo-e ies.docastro@edu.xunta.gal
(Nota: esta convocatoria está dispoñíbel tamén para lingua francesa. Información no departamento de dita lingua)
Imprimir este Artigo
Convocatoria de Premios Extraordinarios da ESO ao rendemento académico 2022-2023
Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1
ou visualice o documento en

premio_extraordinario_eso_rendemento_2022-2023.pdf
Imprimir este Artigo

















