Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

IMPORTANTE: Regulación do uso dos móbiles no IES do Castro

Publicado o 26 Xaneiro, 2017 na sección Normas de organización e funcionamento, Avisos urxentes, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Dirección por Alberte Zato

mobil_small.jpg

 

REGULACIÓN DO USO DOS MÓBILES NO CENTRO

O uso do móbil na nosa sociedade , e por tanto nos centros educativos, estase estendendo cada vez máis, achegando novas formas de comunicación, obtención de información…;porén, o seu uso indebido tamén está xerando outros problemas e implica riscos ,tales como o uso indebido ou non consentido  da información ou imaxes, o ciberacoso, a adicción ó móbil…etc., algún dos cales se producen tamén nos centros de ensino, afectando negativamente ao desenvolvemento das actividades educativas e ás relacións entre os membros da comunidade educativa. O noso centro non é unha excepción,  polo que  cómpre establecer unhas normas que garanten o seu correcto uso :

·        Non está permitido o uso de móbiles e demais dispositivos electrónicos durante os períodos lectivos (art. 19.4 do Decreto 8/2015). Deberán permanecer apagados e gardados en todo momento, salvo no recreo. Poderase utilizar o móbil durante a clase só co permiso do profesor/a.

·        Non está permitido o uso do móbil e demais dispositivos electrónicos nos cambios de clase.

·        De non cumprir estas normas, o profesorado poderá retirarlle o móbil e poñer un parte de incidencias ao alumno/a que o estea utilizando. O aparello será entregado a un cargo directivo, que o gardará ata o final dese día.

·        O centro non se fai responsable das perdas ou subtraccións que dos mesmos puideran producirse, sendo o seu propietario/a o único responsable.

·        No caso de reincidencia neste tipo de faltas aplicaráselle ao alumno/a as correccións correspondentes ás condutas contrarias ás normas de convivencia do centro.

·        Dacordo coa lexislación vixente, non está permitido gravar, manipular ou difundir por calquera medio, imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, á dignidade da persoa, á intimidade persoal ou familiar e a propia imaxe dos membros da comunidade educativa.

·        No caso de que algún membro da comunidade educativa fora obxecto de fotografías ou gravacións non consentidas, o centro poderá poñer os feitos a disposición das autoridades pertinentes ademais da aplicación das correccións correspondentes ás condutas contrarias ás normas de convivencia do centro.

·        Durante as actividades complementarias ou extraescolares realizadas fóra do centro, poderán utilizarse os móbiles e demais dispositivos electrónicos, unicamente se o autoriza o profesorado responsable da actividade.

·        Se un alumno/a necesitase facer unha chamada urxente, comunicarallo ao profesor quen, tras valorar a situación autorizará o alumno/a a acudir á Conserxería para realizar a chamada.  

(Normas xa en vigor)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Normas de Organización e Funcionamento (NOF) 2016-2017

Publicado o 10 Decembro, 2016 na sección Normas de organización e funcionamento, +++Documentos e formularios de interese por Alberte Zato

 photo-1.jpg

Versión definitiva do NOF, aprobado polo Claustro e o Consello Escolar

engranajes.gif

.pdf

nof_ies-do-castro.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Normas de Organización e Funcionamento (Emendado en outubro 2014 polo Consello Escolar)

Publicado o 24 Outubro, 2014 na sección Normas de organización e funcionamento, +++Documentos e formularios de interese por Xefatura de Estudos

Premendo no seguinte documento pdf accedese as Normas de Organización e Funcionamento do IES do Castro (anteriormente denominado RRI)

nof.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Abrindo un debate: o uso dos móbiles nos centros escolares

Publicado o 1 Decembro, 2012 na sección Normas de organización e funcionamento por Luis Otero

mobile_phone_ban.jpg

Este artigo pode ser un bo principio do necesario debate sobre o uso de móbiles.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo