Caso de papeiras no instituto: Protocolo sanitario de actuación para as familias
Información sobre a parotidite (paperas)
Estimados pais, nais ou persoa responsable:
Ante a comunicación de un caso de parotidite entre un alumno de secundaria do I.E.S. do Castro de Vigo , infórmaselle de que no caso de que se seu fillo ou filla non padecera a enfermidade e que non tivese postas dúas doses de vacina triple vírica (vacina que está incluída no calendario infantil de vacinacións), debe acudir ao centro de saúde co seu fillo ou filla. Neste caso, o médico revisará o calendario vacinal, e procederase a súa actualización. A vacinación non altera a rutina diaria e pode acudir ao centro escolar con normalidade.
Se sospeitan que o seu fillo ou filla poda ter a enfermidade, cuxo principal síntoma é a inflamación da glándula salivar parótida, acuda ao seu medico ou PAC. A parotidite é unha enfermidade contaxiosa polo que as persoas diagnosticadas de parotidite non deben acudir ao seu traballo/escola ou a outro tipo actividade común (deportiva, etc) nos 5 días seguintes dende o comezo dos síntomas.
Servizo de Alertas Epidemiolóxicas
Xefatura territorial de Sanidade de Pontevedra
Documento de RECOMENDACIÓNS DE EXCLUSIÓN EN ESCOLAS INFANTÍS E COLEXIO


Sempre con nós, Xoán Xosé, sempre con nós!
Con consternación e profunda mágoa temos que comunicar o pasamento do Prof. (xubilado) Xoán Xosé Sande, fundador do IES do Castro.
Grande profesional, carismático e erudito xunto coas súas calidades humanas fan que os que compartimos con el anos e anos de docencia e convivencia sintamos profundamente non poder contar coa súa compañía e sorriso.
A comunidade do IES do Castro presenta aos seus familiares as súas condolencias e sinte a súa perda como propia.
Sempre con nós, Xoán Xosé, sempre con nós!!!!!!!!


ANPA IES DO CASTRO - Convocatoria de Xuntanza Xeral Ordinaria outubro 2019 e documento de inscrición
Clique para velo a tamaño 1:1
Máis información e ficha de inscrición na ANPA


Fondo solidario LIBROS DE TEXTO para o curso 2018/19: Listaxes definitivas e libros a recoller polo alumnado
Consultar a listaxe en .pdf
listaxes-definitvas-de-admitidos-fondo-axuda-de-libros-2109-2020.pdf
NOTA IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DA ESO
O alumnado que participe no programa de axuda de libros de texto da Xunta de Galicia debe traer unha mochila para o transporte de libros.

