Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Días e instruccións de matriculación do alumnado para o curso 2026-2027 (Corrixido)

Publicado o 26 Maio, 2026 na sección Zona Alumnado, Administración, Xefatura de Estudos, Secretaría por Alberte Zato

RECOLLIDA IMPRESOS DE MATRÍCULA

Pódense recoller NA CONSERXERÍA do IES do CASTRO nas seguintes datas:

• O alumnado Dr. Fleming que vai cursar 1° de ESO e dos demais centros para calquera nivel que teñan praza adxudicada: A partir do luns 15 de xuño.

• O alumnado do noso centro lES do CASTRO: A partir do día de entrega de notas, xoves 25 de xuño (preferiblemente entregaranse coas notas).

DATAS DE MATRÍCULACIÓN

    Para 1º ESO, alumnado do CEP Dr. Fleming: martes 23 de xuño.

    Para  2º bacharelato, alumnado aprobado na convocatoria ordinaria: xoves 25 de xuño.

    Para  1º bacharelato e 2º bacharelato (alumnado da convocatoria extraordinaria):venres 26 de xuño.

    Para 4º ESO: luns 29 de xuño

    Para 3º ESO : martes 30 de xuño.

    Para 2º ESO: mércores 1 de xullo

    Para 1º ESO, alumnado repetidor o doutros centros: xoves 2 de xullo.

PRAZO MATRICULACIÓN:

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

horario-matricula-corrixido.jpg

RARIO: todos os días de 9:00 a 14:15

 HORARIO: todos os días de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, os días indicados con  * tamén en horario de tarde, de 16:30 a 18:30 horas

O PRAZO REMATA O XOVES 7 DE XULLO

 

Documento dispoñíbel para descarga

.pdf

dias-matriculas_corrixido.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

PDC curso 25-26 cofinanciado pola Unión Europea

Publicado o 11 Marzo, 2026 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Alberte Zato

cartel-pdc-curso-25-26.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Normas de préstamo e utilización de taquillas no curso 2025-2026

Publicado o 30 Setembro, 2025 na sección Taquillas, Zona Alumnado, +++Documentos e formularios de interese, Vicedirección por Alberte Zato

I.E.S. do Castro

 

NORMAS DE PRÉSTAMO E UTILIZACIÓN DE TAQUILLAS. CURSO 2025-2026

 

1.    Disposición das taquillas

Existen un total de 200 armarios distribuídos na planta baixa e nos relanzos das escaleiras entre a planta baixa e o primeiro andar.  

Distribuiranse por zonas segundo os cursos: 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO; 1º e 2º BACH.

 

2.    Tramitación das solicitudes e adxudicación

·        Os impresos de solicitude recolleranse en Conserxería o martes 30 de setembro.

·         Presentar o documento de solicitude e préstamo na Conserxería do centro correctamente cuberto nun prazo de 2 días desde a entrega do mesmo: mércores 1 e xoves 2 de outubro.  Se a solicitude non se entrega no prazo establecido, a persoa solicitante quedará á espera de que sobre algún armario que se lle poida asignar.

A adxudicación realizarase por orde de chegada das solicitudes o luns 6 de outubro.

·         Entregar unha fianza de 12 euros (6 se é compartida) cando se lle entreguen as chaves.

·         Só se prestarán armarios compartidos; unicamente se pode solicitar un armario individual por enfermidade debidamente acreditada. Ao non haber suficientes armarios,   deste xeito beneficiarase máis alumnado.

 

3.    Condicións do préstamo

·         O alumnado poderá facer uso dos armarios durante o seguinte período: 2º bacharelato ata o 31 de maio; 1º de bacharelato ata o remate da avaliación ordinaria (9 de xuño) e a ESO ata o 19 de xuño.

·         O incumprimento dalgunha das normas de utilización establecidas no punto 4 suporá a perda automática do seu uso.

·         Ao presentar a solicitude acéptanse todos e cada un dos requisitos e normas recollidos neste documento.

·         Ao rematar o curso, os/as usuarios/as devolverán as chaves segundo as instrucións que se lles dean (día límite para a recollida o 30 de xuño do

presente curso), sendo isto un requisito imprescindible para que se lles devolva a fianza.

 

 

4.    Normas de utilización dos armarios

·         Non está permitido o intercambio de armarios entre o alumnado.

·         O instituto non se responsabiliza dos obxectos de valor ou susceptibles de ser subtraídos que o alumnado deixe neles.

·         Os danos e/ou roturas exteriores ou interiores son responsabilidade do/a (s) alumno/a (s) adxudicatario do mesmo. O armario ten que ser devolto nas mesmas condicións en que se recibiu.

·         Queda prohibido depositar obxectos que polas súas características ou composición poidan ser considerados perigosos, nocivos para a saúde ou contrarios ás normas do centro.

·         A dirección do centro resérvase o dereito a abrir os armarios ante a sospeita do incumprimento das normas de uso.

·         Só se poden utilizar os armarios na hora de entrada, durante o recreo e á saída. Queda prohibido utilizalos nas horas de clase e entre as clases.

·         Se se perde a chave do armario, deberase aboar o custo da nova chave (2 euros) no momento da entrega para poder seguir utilizándoo, de non ser así, pérdese o dereito a usalo.

·         Débese comunicar á conserxería do centro calquera estrago que se observe nos armarios (golpes, pechaduras forzadas, etc.). Se a primeira vez que se abre  se nota algún,  débese comunicar inmediatamente.

·         Cando finalice o período de uso, devolveranse 10 euros da fianza (5 para cada persoa se é compartido) unha vez que se comprobe o bo estado do armario.

 

 

Documento en .pdf con impreso de solicitude

pdf2.png

 taquillas-25-26.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Xornadas de acollida das familias

Publicado o 9 Setembro, 2025 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

[Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1]

xornadas_de_acollida_das_familias.jpg

pdf2.png

xornadas_de_acollida_das_familias.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Organización e recepción do alumnado o luns, 8 de setembro 2025 (primeiro día do curso 25-26)

Publicado o 4 Setembro, 2025 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Dirección por Alberte Zato

[Clíquese na imaxe para vela a tamaño 1:1]

organizacion_primeiro_dia_do_curso_25-26.jpg

pdf2.png

1ro_dia_do_curso_25-26.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Libros de texto e materiais para o curso 2025-2026

Publicado o 26 Xuño, 2025 na sección Libros de texto, Zona Alumnado, +++Documentos e formularios de interese por Alberte Zato

textbooks.jpg

 

pdf2.png

libros_de_texto_eso_e_bacharelato_curso_25_26_27_xun.pdf

 

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo