Por Santos e Nadal, libros a fartar
Antón Riveiro Coello (Xinzo da Limia-1964)explicando a súa obra”As rulas de Bakunin”
Estas son algunhas das imaxes que corresponden á conferencia-coloquio sobre a obra “As rulas de Bakunin” que, co seu autor Antón Riveiro Coello e coa colaboración da editorial Galaxia, tivo a oportunidade o alumnado de 2º de bacharelato de escoitar de primeira man como foi a xénese desta obra, que, xa se convertiu nun clásico entre os escolares.
A presenza do autor, por segunda vez nos últimos tres anos, é moi de agradecer porque o alumnado escoita de primeira man unha versión novelada dunha etapa tan convulsa da nosa historia,e abondo documentada, como foi a da República, e, ao mesmo tempo serve como estímulo para incitar a posibles creadores, ou, como mínimo a crear novos lectores, logo da experiencia narrada por aquel.
A maior parte da súa intervención estivo centrada na análise da obra sinalada. pero tamén se nos deu a oportunidade de contar con algunha reflexión sobre a súa última novela,“Os elefantes de Sokúrov”, da que cremos está chamada a recibir moitos eloxios, tanto pola súa excepcional oportunidade da publicación ao coincidir coa celebración das festas de Nadal, como por outros moitos motivos de actualidade, que, partindo do ano 2012, ás veces os personaxes, na súa ansia de descubrir o seu pasado, nos trasladan a tempos pretéritos con algúns episodios non precisamente moi felices, pero que forman parte da nosa historia non tan lonxana.
Por outo lado,os espazos da novela, xerais ou particulares, están cargados de mensaxes reais e simbólicas. Así, o autor adéntranos na parte máis escura da cidade de Santiago, o antigo barrio do Pombal, e, ao mesmo tempo réndelle unha homenaxe cordial á cidade na que a pedra e a choiva veñen a ser como o corazón e a alma daquela.Especialmente recomendada para ex ou composteláns de pro que teñan gravados os paseos pola carballeira de Santa Susana, “as rúas”, o Preguntoiro, Cervantes, o Pombal, a Algalia, etc.
Case poderiamos atrevernos a suxerir que Antón constrúe unha novela redonda, tanto desde o punto de vista formal (o uso do monólogo, como recurso reiterado que lle concede unha maior credibilidade á trama, nos personaxes principais está moi logrado), como pola temática variada, porque aquí aparecen tratados os temas do amor (en diferentes etapas da vida:desde a adolescencia ata a vellez, mesmo o sexo, e a prostitución, nunha dobre vertente), como da morte nas súas máis variadas facianas: asasinato, suicidio, drogadicción, etc.
En resumo, unha obra que debe ser lida con atención, que ademais se presenta cunha lingua áxil e dinámica, que lle dá fluidez e dinamismo ao discurso que non permite deixar de lela ata o desenlace.
O título e a fotografía da portada, desde logo nada que ver cunha estampa galega, pero si coas experiencias vividas pola protagonista cando na súa infancia ía ao circo e voltou na súa madurez a toparse cunha pasaxe na que un elefante -que podía ser o mesmo da infancia- vai morrer na beira do Sarela . A erudición de Antón maniféstase na súa cinefilia e no coñecemento profundo da filmografía de Sokúrov ,ao tratarse dun dos directores máis sesudos do cinema ruso actual.
“A través das historias dos seus personaxes, Riveiro Coello consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. Riveiro Coello é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. Os elefantes de Sokúrov é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera”
“Os elefantes de Sokúrov” (Galaxia)
Outra novidade que nestes días chega á Biblioteca é a novela de Manuel Rivas: “O último día de Terranova”, que, con semellante título poderiamos pensar que nos trasladaría ata as lonxanas costas de Canadá para falarnos dun drama ecolóxico ou dos pescadores galegos á procura do bacallau. Pois non, o que di a reseña da editorial é o seguinte:
A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia («O meu corpo é un manifesto!»), revive a propia historia e a da libraría, mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o Imperio do Baleiro. Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco de libros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de Ítaca entre Europa e América, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as «botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamada Transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, Bos Aires, Madrid, París, Lisboa…, xunto ao Pulmón de Aceiro, a Cámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Liña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova. O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel.
Entrevista publicada no xornal “La Voz de Galicia”(13-12-2015), en cuxo titular recolle a seguinte mensaxe:“A arte é un espello no que se reflicte a túa propia experiencia” e na que se lle presentan varias cuestións relacionadas co manga e afirma con respecto a Miguel Anxo Prado que “é un dos seus mangakas favoritos”, o que vén a demostrar o coñecemento da situación desta técnica en Galicia, e, ao mesmo tempo, a súa actualidade.
Pois ben,chegou á Biblioteca a súa obra titulada Los guardianes del Louvre,segundo os críticos, unha xoia asinada polo xaponés Jiro Taniguchi, que pasou un mes do ano 2013 empapándose da pintura e do misterio que arrodea moitas das obras que garda o museo, e no que sabe adicarlle unha homenaxe á arte e contar unha profunda historia de amor.
Taniguchi é un xenio do cómic e o mangaka máis occidental. Nesta obra cóntanos como o propio debuxante chega a París, e despois de pasar por unha febre extraña, adéntrase no Louvre e na maxia que envolven algúns dos cadros e dos artistas máis relevantes.
Tamén visitará outros dos museos da cidade e adicaralle unha sentida homenaxe aos outros gardiáns que durante a ocupación nazi puxeron a salvo algunhas das obras.
E como non, tamén unha historia de amor, adicada ao amor da súa vida e demostrarnos que a Arte é máis grande que a vida.
Así imos rematando a crónica e o ano 2015, para que con estas e outras maís que aquí non se inclúen, invitarvos a pasar pola Biblioteca e encher estes días de lecer cun libro, clásico ou moderno, novela ou poesía, teatro ou cómic,revista ou ensaio, en inglés,francés, castelán ou galego e desexarvos unhas felices lecturas de Nadal e aninovo.


Días non lectivos de libre elección polo instituto
Por aprobación do Consello Escolar serán días no lectivos de libre elección, para o presente curso académico 2015-16, os seguintes:
- Luns, 7 de decembro de 2015.
- Luns, 16 de maio de 2016.

PREMIOS FIN DE CARREIRA DAS UNIVERSIDADES GALEGAS
DÚAS EX-ALUMNAS DESTE CENTRO PREMIOS FIN DE CARREIRA 2014. Parabens.
O pasado mércores 22 de outubro publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde definitiva que concedía o Premio fin de carreira aos alumnos do sistema universitario galego que remataron os seus estudos no ano 2014.
Entre os 77 alumnos premiados, atopamos a dúas alumnas que estudaron no noso centro a ESO máis o Bacharelato ás que queremos felicitar desde aquí.
Trátase de Maruxa Bragado Paz, que recibiu o premio como o mellor expediente na carreira de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela:
e Verónica Poza Nogueira, que resultou coas mellores notas na titulación deEnxeñería Química Industrial na Universidade de Vigo:

NOVIDADES DE OUTONO NA BIBLIOTECA
Cando xa se sabe o nome da persoa homenaxada na próxima edición das Letras galegas, MANUEL MARÍA, non podemos deixar de facer referencia a ela neste inicio de curso e así irémonos achegando á súa obra na medida que van aparecendo novas edicións críticas ou reedicións dalgunhas delas.Como por exemplo as que acaba de publicar a Fundación CASA-MUSEO MANUEL MARÍA: A esencia máis nosa(Poemas sobre a lingua galega) e Terra Chá , con prólogos de X.R. Freixeiro Mato e Ánxel Fole, respectivamente.
MANUEL MARIA Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na casa das Hortas, o 6 de outubro de 1929 e finou na Coruña, onde pasou os últimos anos, o oito de setembro do 2004. Toda a súa obra reflicte o seu amor ao país, á súa terra, á xente, á súa dona, ás cousas cotiás. A evocación da paisaxe da súa terra natal, A TERRA CHA, foi un dos temas preferidos de Manuel María, e unha constante na súa obra. O Libro de poemas Terra Cha publicouse en (1954). Na actualidade vai pola décimo primeira edición. No 2003, con motivo da súa toma de posesión na REAL ACADEMIA GALEGA leu o discurso “A TERRA CHÁ: POESÍA E PAISAXE”. Consideramos a Terra Chá o eido máis fermoso deste mundo … Para nós é un universo …Pois ben,na biblioteca atópanse as dúas novas edicións dos libros indicados enriba.
A Terra Cha somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá
…..
O NOSO IDIOMA É A LUZ
QUE ILUMINA O NOSO SER.
RENUNCIAR Á NOSA LINGUA
É SEMELLANTE QUE MORRER(1982:Escolma de poetas de outeiro de Rei)
—–
DEIXAMOS MORRER A FALA,
ESQUECEMOS O PASADO.
E HAI QUEN DI QUE GALIZA
MOITO LEVA PROGRESADO. (1982:Escolma de poetas de Outeiro de Rei)
Con respecto ás NOVIDADES, xa é abondo coñecido que por estas datas as editorias teñen posto a maquinaria reprográfica a traballar e publicar os que poden ser éxitos por cantidade e,se se dá o caso, por calidade, pensando nas longas noites de outono-inverno, os día de viruxe e as festas de Nadal.
De seguido imos presentar por xénero algunhas destas máis recentes publicacións.PROSA E POESÍA EN LINGUA GALEGA
LENDO LENDAS DIGO VERSOS:Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do … cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a arte os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo» (G. A. Bécquer: Introdución a Rimas y Leyendas).
De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais… A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo. Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo.
Madonna e outros contos de inverno:Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes. A tristeza da emigración, a experiencia límite do naufraxio, o amor que nos defende das adversidades, a resistencia durante o franquismo, a traizón que nos derrota, as consecuencias do tráfico de drogas, a ledicia de xogar un partido de fútbol, a integración das persoas diferentes e a conmoción da crise das vacas tolas artellan as tramas destes contos en que se abordan temas esenciais na literatura. Oito contos conmovedores nos cales Manuel Rivas dispuxo as pingas de humor e tenrura capaces de transformar o cotián na beleza da escrita literaria.
MORNA,PERIGOSA E ROMÁNICA:Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal… Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século. O que estou a piques de compartir con vostedes é a historia dun grupo de xente decidida a todo, convencida de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo, sacar adiante a empresa. Velaquí a disparatada aventura dunha serie de superviventes deste tempo cruel, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados e, para maior complicación, incapaces de sumar entre todos eles unha única neurona útil… Por certo, díxenlles xa que son vostedes un público marabilloso?
EUROPA EXPRESSAroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de…
LINGUA CASTELÁ : BANDA DESEÑADA
Non podía acabar o ano sen que un clásico da banda deseñada fixese a súa presenza, “Astérix, Obélix, Panorámix, Ideafis, galos, e romanos á conquista de Lutetia” tiñan que deixarse caer por aquí, sobre todo sabendo que tamén neste noroeste peninsular puideron ambientarse andanzas semellantes ás do noroeste da Galia, se temos en conta a semellanza entre conquistados e conquistadores.
NOVELA GRÁFICA:PIES DESCALZOS Gen y sus amigos tienen que afrontar las secuelasde la bomba, una realidad casi imposible de aceptar. Han pasado casi dos años desde que estalló la bomba atómica yJapón vive bajo la ocupación militar estadounidense. Mientras los soldados patrullan, en las calles de Hiroshima aún se pueden oír los gemidos de dolor y el llanto de los supervivientes. Para la mayoría de esa gente la guerra todavía no ha terminado. Conviven con ella. La ven cada vez que se miran en el espejo, como Natsue, que tiene el rostro quemado. Gen por su parte, ve como muchos de sus amigos se han quedado huérfanos y corren peligro de caer en manos de los yakuza..
A EDITORIAL PLANETA PUBLICA O 1º PREMIO E O FINALISTA:
.
Y TÚ NO REGRESASTE:Hay libros que dejan una marca indeleble y, mucho tiempo después de haberlos leído, permanecen vivos en nuestro recuerdo.
Éste es uno de ellos. A los ochenta y seis años, Marceline Loridan-Ivens ha volcado en esta carta abierta a su padre un cúmulo de sentimientos profundamente arraigados desde su juventud, de los que ha sido incapaz de desprenderse durante toda una vida. «Tú podrás regresar, porque eres joven, pero yo ya no volveré.» Esta simple frase, que Marceline oyó de boca de su padre cuando eran deportados en el mismo tren al campo de Auschwitz-Birkenau en abril de 1943, quedó grabada en su memoria para siempre y es el origen de este relato extraordinario.
La dramática lucha de una chica de quince años por sobrevivir en una situación que ha pasado a la historia como paradigma de la máxima depravación de la que es capaz el hombre queda plasmada con una voz asombrosamente desprovista de sentimentalismo y autocompasión.
LA VIGILANTE DEL LOUVRE: Diana es vigilante en el Louvre. Desde hace cinco años pasea todos los días por sus salas admirando los detalles de las obras maestras allí expuestas. Ha adquirido la costumbre de hablar y relatarles los pormenores de una vida que ha ido instalándose en la rutina, muy a su pesar. Una exposición temporal sobre la obra de Gustave Courbet llega al museo y produce en Diana una fascinación inmediata, incluso llega a cambiar ciertas cosas de sí misma de un modo inesperado. La exposición de El origen del mundo en el Louvre hace que sus salas congreguen a visitantes desconocidos para Diana, entre los que se encuentra Clodette, una bellísima mujer rubia que acude fiel a su cita diaria con Courbet cargada con un violonchelo. Pero Diana y Clodette no están solas en su obsesión por este lienzo tan particular. El destino de Isabelle ha sido marcado en gran medida por su admiración hacia la modelo que retrata, y de la que conserva su diario como su más preciada posesión.
.
LA NIÑA FANTASMA«Suena como si alguien estuviera destrozando la puerta con un hacha». Es Halloween y por la escuela pululan zombies y monstruos que se preparan para la fiesta de disfraces de la noche. Pero entre todos ellos se halla una myling, una niña fantasma.
CIUDADES DE PAPELUna joven desaparece dejando una serie de pistas que solo su mejor amigo de la infancia podrá descifrar…
La Guerra Civil española contada de forma escueta, objetiva y rigurosa, sin clichés partidarios ni etiquetas fáciles, en textos de Arturo Pérez-Reverte e ilustrada de forma espléndida por Fernando Vicente.«Hace casi ochenta años, entre 1936 y 1939, en tiempos de nuestros abuelos y bisabuelos, una espantosa guerra civil tuvo lugar en España. Causó miles de muertos, destruyó hogares, arruinó el país y llevó a mucha gente al exilio. Para evitar que tan desoladora tragedia vuelva a repetirse nunca, es conveniente recordar cómo ocurrió. Así, de aquella desgracia podrán extraerse conclusiones útiles sobre la paz y la convivencia que jamás se deben perder. Lecciones terribles que nunca debemos olvidar.
EL TEOREMA KATHERINE:Según Colin Singleton existen dos tipos de persona: los que dejan y los que son dejados. Él, sin duda, pertenece al segundo. Su última ex, Katherine XIX, no es una reina, sino la Katherine número diecinueve que le ha roto el corazón. Para escapar de su mal de amores, y con el propósito de hallar un teorema que explique su maldición de las Katherines, Colin emprende junto a su amigo Hassan una aventura que le llevará
ENSAIO: «El libro de ciencia más relevante de los últimos diez años. Unode los grandes físicos teóricos contemporáneos narra su visión delorigen y la evolución de nuestra forma de comprender el mundo. Unainvitación a pensar como solo han pensado los grandes.»Javier Sampedro
En esta historia de la ciencia, tan irreverente como ambiciosa, Steven Weinberg nos conduce a través de los siglos desde la antigua Mileto hasta el Bagdad medieval y Oxford, desde la Academia de Platón…
TODO ISTO, E MOITO MÁIS,
NA BIBLIOTECA DESCUBRIRÁS.
CONTÁXIATE DA VAGA LECTORA!

Xornada de inmersión cultural do alumnado de 3º da ESO
Un monxe explica algunhas das virtudes do mosteiro
Cando está a rematar o mes de outono, e denantes de que o inverno deixe núas árbores e plantas e, en particular, as vides que estes días presentan unha variada gama de cores na comarca do Ribeiro, tivemos a oportunidade de adentrarnos na Galicia profunda, case no seu corazón, porque foron os lugares de Oseira, O Carballiño e san Cibrao de Las os escollidos para levar a cabo o que poderiamos denominar como bautismo cultural para o alumnado de terceiro da ESO.
Explicaremos en primeiro lugar o de bautismo cultural, porque, como se puxo de manifesto, para a maioría, lamentablemente, isto de mosteiros, igrexas e pedras como que non lles suscita demasiada curiosidade, e, por iso, as institucións públicas, chámense escolas, institutos, etc. teñen a responsabilidade de dárlles a coñecer ese patrimonio e así aprender a respectalo. Nesta ocasión foi o patrimonio artístico representado en dúas xoias da nosa arquitectura: O mosteiro, abadía, ou cenobio de Santa María a Real de Oseira e o que queda do castro de San Cibrao de Las, despois de ter pasado polo Carballiño e observar o estilo ecléctico da igrexa da Veracruz do arquitecto Antonio Palacios, porriñés con abondosa obra na comarca (Templo Votivo de Panxón, A Virxe da Roca, edificio do concello do Porriño, por non citar outras moitas na cidade de Madrid e quen propuxo un ambicioso deseño urbanístico para Vigo que non se chegou a materializar)
Sara, Samuel, Raquel e Miguel seguen con atención a explicación
Pois ben, a crónica foi máis ou menos así. O día ameazaba choiva constante pero non por iso deixamos de arriscarnos porque así estaba programado. O primeiro punto de destino era a abadía de Oseira e alí aterramos a media mañá despois de deixar atrás a comarca do Ribeiro e cruzar por lugares tan sinalados como Leiro, San Clodio, O Varón, Partovia…Cando nos estamos achegando ao lugar, observamos con sorpresa que eran moitos os pelegríns que seguindo a Ruta da Prata se dirixían cara ao mosteiro e tamén son varias as panadarías que anuncian o famoso pan de Cea, con denominación xeográfica. No fondo dun pequeno val regado polo río Oseira, ao abrigo da serra da Martiñá, móstrase en todo o seu esplendor o espectacular cenobio, rodeado de verdes prados,frondosos soutos e carballeiras que, como no caso das viñas, tamén estes días poden presumir de colorido. Na finca que rodea o edificio pasta ao aire libre gando de raza autóctona frieiresa, unha das últimas incorporacións ás diversa actividades “industriais” que desenvolven os monxes.
Segundo a información facilitada por un dos monxes que actuou como guía, e para entender o porqué alguén quixo outorgarlle ao mosteiro a denominación de “Escorial galego” chegaría para confirmalo a superficie construída de 43000 m.cadrados, e a maiores os 83000 m. da finca que o rodea. A fundación data do ano 1137 e, por destacar algún dato significativo, poderían sinalarse os seguintes: expulsión dos monxes cando a desamortización de Mendizábal, case en ruínas regresan en 1929 e inician unha restauración titánica, chegando a concedérselle o premio Europa Nostra. Algunhas das fontes que presidían os claustros foron trasladadas á cidade de Ourense, despois de ter sufrido algún incendio.
En construción de tales dimensións é doado observar os diferentes estilos arquitectóncos que se encerran tanto no seu interior como fóra. Por sinalar algún elemento especial está a igrexa con planta de cruz latina, que se construiu entre 1200 1 239, polo tanto, momento do esplendoroso románico galego, pero, neste caso, enriquecido con arcos oxivais pola influencia da arquitectura cisterciense -orde á que pertencen os monxes na actualidade-, con abondosas pinturas na bóveda e laterais, así como unha peculiar bóveda de estilo gótico inglés, que, segundo os especialistas é case única en España. Nun espazo anexo á igrexa, actualmente sacristía, atópase a ” xoia da coroa”, a sala capitular do sec. XV que está sustentada por catro columnas centrais de fustes torsos rematando nunha orixinal bóveda con motivos filosóficos, celtas, etc. (Sala das palmeiras, porque as columnas semellan palmeiras en movemento).
Iníciase o ascenso ao castro
Claustros, cociñas,solainas e escaleiras dunha riqueza decorativa excepcional seguen sorprendendo ao visitante, así como algunha que outra curiosidade como a de que conservan no que foi a antiga botica do convento o BOTAME con plantas medicinais desde moi antigo, e eses recipientes son de fabricación orixinal de Sargadelos.
Desde o punto de vista gastronómico, todo parece indicar que a importancia do polbo na comarca do Carballiño se debe a que o mosteiro chegou a ter un priorato da súa xursidición na vila de Marín e que parte dos diezmos serían pagados en especie co antedito cefalópodo, que o darían a coñecer os monxes, aínda que o seu aspecto non fose moi atractivo ao vérllelo comer a aqueles -que aínda hoxe son máis ben vexetarianos e de peixe-, pois así se fixo popular por aqueles lares. Do resto de produción propia non esqueceremos o famoso eucaliptine, licor con distintos sabores, o que non é de estrañar cando historicamente teñen elaborado champaña, pormenor que non sorprende ao sabermos que a orde aínda segue a ter a día de hoxe a sede central n Francia.
Para despedirnos deixamos ás nosas costas unha fachada ornamentada con columnas salomónicas e un almohadillado que remata coas dúas torres barrocas e o arco de entrada ao recinto que lle concede toda a solemnidade que o cenobio merece.
Despois de facermos unha parada técnica na vila do Carballiño, dirixímonos a un dos castros máis grandes de Galicia en proceso de escavación desde a metade do século pasado; San Cibrao de Las. Ademais, desde hai pouco tempo funciona na aba do monte un centro de interpretación da cultura castrexa que con abondosa documentación e unha xeira pola “Ciudá” serve de ilustración e reflexión sobre unha etapa tan importante para o coñecemento da nosa historia, a configuración da nosa cultura e, da lingua, en particular.
Inmersión no castro
Son os guías do recinto os que nos van trasladar a eses tempos prehistóricos e, en particular, ás actividades que puideron desenvolver dentro e ao redor do castro. Lembremos que son aproximadamente catro séculos, desde o II a. C. ata o II d. C, e, polo tanto estamos no momento cumio de transición entre a cultura “autóctona”, castrexa, prerromana e a latinización do noroeste da Península, o que explica , en parte, as grandes dimensións do recinto amurallado e o seu avanzado estado de romanización.
A visita ao centro documéntase cunha introdución a algunhas actividades coñecidas (agricultura, gandería, metalurxía, ourivería, etc), para dar paso a un percorrido in situ sobre as características da cidade: murallas defensivas, accesos, alxibe, antecroa, lar, ata coroar a croa desde onde as vistas se poden estender ata outros puntos fortificados na antigüidade, así como puntos xeográficos de interese natural como a serra de san Mamede, monte Faro,Castromao, e mesmo o río Miño, despois de regar a cidade de Ourense, acoutarse en Castrelo de Miño e encamiñarse cara a foz de Camposancos.
Ardor guerreiro e pirómano
A sorpresa da xornada quedou reservada para o final, cando un dos guías do centro se preparou para mostrarnos algunhas réplicas de artiluxios de caza como lanzas de madeira, que foron evolucionando a distintos metais, pero, o máis impactante foi conseguir lume a partir da frición de dous paus, iesca e estopa. Produciuse o milagre e fíxose o lume, e mesmo algúns participaron do ritual de saltalo como se fose a cacharela de san Xoán.
Chove. Seguen berrando.

De interese para os novos usuarios de biblioteca
Todos os novos e novas integrantes da comunidade educativa tedes a vosa disposición
na biblioteca unha variada e ampla selección de fondos bibliográficos.
Libros de lectura obrigatoria, novedades editoriais,cómics, revistas e Dvds conforman
os fondos da biblioteca.
Podedes facer uso deles tanto dentro da sala de lectura como levar estes materiais para a casa como empréstitos.
O único requisito é ter un número de lector e responsabilidade na devolución dos préstamos
NÚMERO DE LECTOR:
Todo o alumnado e profesorado mantén o mesmo número de lector do pasado curso.
O alumnado e profesorado de nova incorporación que non sepa o seu número de lector
pode pasar pola biblioteca. De ter algún tipo de dúbida, pasade pola biblioteca e seredes atendidos e informados debidamente.
Lémbrase ademais que os préstamos de verán, deben ser devoltos na biblioteca en breve espazode tempoNFORMACIÓN NO BLOGUE DA BIBLIOTECA

Convocatoria de Xuntanza Xeral extraordinaria do ANPA IES do Castro
Mércores 7 de outubro ás 19:00 horas na Sala de Usos Múltiples do IES O Castro.
Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, do acta anterior.
2.- Informe do presidente e da Xunta Directiva da ANPA.
3.- Actividades extraescolares da ANPA e viaxe do fin de curso de 4º da ESO.
4.- Proposta de novas incorporacións e cambios na Xunta Directiva da ANPA.
5.- Proposta de data e orde do día da próxima asemblea xeral da asociación.
6.- Rogos e preguntas.
Máis información e ficha de inscrición na ANPA
convocatoria_anpa_ficha_2015_2016.pdf

