Convocatoria oficial de maio 2013 de proba escrita para alumnado coa materia de inglés pendente de cursos anteriores

Publicado o 14 Maio, 2013 na sección Pendentes Inglés, Exames, Convocatorias, Lingua Inglesa por Alberte Zato

 exame_escrito.jpg

Convócase ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO que se atope nas condicións sinaladas no título deste artigo á realización da proba escrita que constitúe .

Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos, realizarase sen axuda de dicionario. Estará baseada nos temas e prácticas propostos polo profesorado durante os meses do presente curso e que deberon ser realizados polo alumnado segundo o plannnig do dito profesorado.

O alumnado que obtivo 5 puntos ou máis nas probas de febreiro 2012 non terá que facer esta proba.

 

Lugar, data e hora:

 

Probas para pendentes de 1º, 2º e 3º de ESO: Aula 211

  • Luns, día 27 de maio do 2013, ás 18.15 horas.

 

No caso de non supera-la proba, (5 puntos ou máis), no mes de setembro haberá unha nova oportunidade, en convocatoria extraordinaria.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

For my English students

Publicado o 10 Maio, 2013 na sección Documentos, Lingua Inglesa por Alberte Zato
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Do Castro a Castromao-Celanova

Publicado o 9 Maio, 2013 na sección Viaxes, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Zona Alumnado, Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

foto0117.jpg

Un grupo de alumnas na casa dos Poetas/ Antigo fogar de M.Curros Enríquez

Todos os cursos académicos son moi semellantes,pero este reúne algo especial, porque se celebra o vixésimo aniversario da apertura de curso aló polo ano 1993, tal e como se pon de manifesto pola ampla mostra fotográfica que recobre as paredes dun dos corredores con imaxes desta curta pero densa historia.

Pois ben, para unirnos a esta efeméride non podiamos esquecer unha actividade moi vencellada á biografía  do centro, como é a visita interdisciplinar á comarca de Celanova, e desta xeira a Allariz e Ourense co alumnado de 3º da ESO.

Nesta edición. a xornada celebrouse o día 7 de maio, agardando pola primavera florida e os días máis longos.

En cursos pasados, a tradición marcaba a chegada ata a Baixa Limia por terras do Xurés no concello de Lobios para refrescarnos a memoria romana coa Vía Nova, o baño  en Río Caldo e o xantar no encoro das Conchas. Este día optouse por recortar a distancia e quedarnos por terras de Celanova, entre outras razóns polo terreo enchoupado e a lonxanía da fronteira portuguesa.

Cando eran as dez da mañá estabamos escoitando as campás da igrexa do mosteiro de San Salvador de Celanova e repartíndose o alumnado  en dous grupos para uns visitar o recinto monacal e outros a Casa dos poetas. Os dous lugares de referencia da vila, xa que entre as súas paredes se toman a maior parte de decisións con respecto á vila nos aspectos culturais, políticos e relixiosos.

foto0120.jpg

Nas termas de Outariz

A visita ao mosteiro inclúe unha explicación  de tipo histórico e, sobre todo arquitectónico,dos claustros, o retábulo barroco ou os coros de feitura moi interesante. Este ano, ademais, como coincidiu a visita co horario escolar do Ies de Celanova,  tamén se realizou un percorrido polo famoso Claustro do Poleiro e a Biblioteca, que foi do mosteiro, e impresiona polo seu tamaño e os andeis barrocos en madeira de castiñeiro -Algún case se creu que podía ser a de Howards-.

O recinto monacal, á parte das múltiples actividades que se desenvolven nel, inclúe, nun espazo anexo, que foi horta do mosteiro, a capela mozárabe de San Miguel, -a xoia da coroa-, e unha rocha curiosa da que se teñen dado diferentes interpretacións, se de lugar de cultos pagáns para algún ritual ou ben, simplemente, para uso doméstico (lagar).

Na Casa dos poetas, que pertenceu á familia de Curros, e funciona a xeito de lugar de pequenas exposicións e con información relativa ao poeta por excelencia de  Celanova, tamén  inclúe unha pequena mostra de paneis relativos á biografía e obra do autor, así como algún retallo da obra de Celso Emilio Ferreiro e do que foi presidente da Real Academia Galega, X. L. Méndez Ferrín, poeta e narrador moi vencellado á localidade cercana de Vilanova dos Infantes, lugar no que se venera a virxe do Cristal e que de seguido nos mostraría o crego da parroquia a imaxe conservada e que serviría a Curros para compór o famoso poema narrativo da Virxe do Cristal.

foto0114.jpg

Na horta do mosteiro ao pé da capela de san Miguel

A sorpresa da xornada estivo na decisión de ir repoñer forzas á vila cercana de Allariz, xantar ao pé do río Arnoia, desfrutar da harmonía desta vila que foi recoñecida en 1994 co premio europeo de urbanismo e de seguido encemiñarse cara a Ourense cidade.

O serán estaba, en certo modo, reservado para o lecer e o paseo pousado polo casco vello da cidade das Burgas, pero, tamén había que contar con algún imprevisto; como así foi.

Cando iamos todos decididos a mergullarnos nas novas Burgas públicas, habilitadas para o baño no centro da cidade, a sorpresa e decepción foi total porque xusto ese día fora escollido para reformas. Había que buscar outra alternativa, pasada por auga. Cal? Pois, nesta ocasión,  a solución era doada, dada a abundancia de recursos termais da cidade.

Foi deste xeito como decidimos trasladarnos á ribeira do Miño e achegarnos ata as termas da Chavasqueira e de seguido ás de Outariz, onde se deu cumprida satisfacción ao baño termal, logo dun interesante pero non curto percorrido á beira do río. A xornada remataba entre lusco e fusco cando chegabamos ao Castro.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Consellería de Educación: Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado

tri_national.png

yellow_inverted_commas.pngAnte a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 18 de marzo de 2013, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, co rogo da súa difusión entre o alumnado posible beneficiario destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril.

A información sobre este programa, así como a aplicación “en liña” que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Sinálase que, no caso dos centros concertados, en educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato e de formación profesional, as certificacións asinaraas o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

 

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

O Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado,

Manuel Vila Lópezyellow_inverted_commas_close.png

 

Cartel informativo en pdf

 .pdf

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/CARTEL%202013.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Literatura Latina para a selectividade

Publicado o 4 Marzo, 2013 na sección Latín por XiaoRoel

sic_itur_ad_astra.jpg

“Non est ad astra mollis e terris via”

Alberte Zato apud Seneca dixit 

 Descarga


.pdf

calvo-lit-lat-selectividad-1.pdf

garcia-calvo-lit-lat-selectividad-1.rtf


Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria de proba escrita para alumnado coa materia de inglés pendente

Publicado o 3 Febreiro, 2013 na sección Zona Alumnado, Exames, Convocatorias, Lingua Inglesa por Alberte Zato

 exame_escrito.jpg

Convócase o alumnado que se atope nas condicións sinaladas no título deste documento á realización dunha proba escrita -primeira oportunidade de aproba-la materia este curso-.

Esta proba escrita realizarase sen axuda de dicionario e estará baseada nos contidos mínimos para este nivel da Programación Didáctica deste Departamento –dispoñible no sitio web do instituto-. Invítase a que, en caso de dúbidas sobre os contidos e a estrutura da proba, se consulte co profesorado deste curso de cada un/ha o/a seu/súa.

 

Lugares, datas e horas:

 

Probas para pendentes de 1º de Bacharelato: Aula 212

  • Luns, día 18 de febreiro do 2013, ás 18.15 horas.

 

Probas para pendentes de 1º, 2º, 3º da ESO.: Aula 212

  • Luns, día 25 de febreiro do 2013, ás 18.15 horas.

 

No caso de non supera-la proba (5 puntos ou máis), no mes de Maio haberá unha nova oportunidade na convocatoria ordinaria.

Terase en conta, positiva ou negativamente, ter realizadas ou non as tarefas de recuperación encomendas durante o primeiro trimestre.

O alumnado que supere esta proba pódese considerar aprobado na materia, aínda que a súa cualificación non será oficial ata o mes de Maio ou Xuño (para a ESO).

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Aristófanes: “La asamblea de las mujeres” Tradución ao español de F.R. Adrados

Publicado o 2 Febreiro, 2013 na sección Grego por XiaoRoel

aristofanes_libro.jpg

 .pdf

aristofanes-la_asamblea_de_las_mujeres_traduccion_espanola_de_fr_adrados.pdf

Unha magnífica tradución española con notas do profesor Adrados.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Aristófanes Asambleístas

Publicado o 30 Xaneiro, 2013 na sección Grego por XiaoRoel

 

 .pdf

aristofanes_las_asambleistas_trad_espanola_de_a_lopez_eire.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo