Departamento de Francés: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO CURSO 2022-23

Publicado o 16 Xullo, 2023 na sección Lingua Francesa, Departamentos por Alberte Zato

francophonie.jpg

Neste documento que presentamos pódense coñecer as actividades complementarias que o Departamento de Francés do IES do Castro fixo durante o curso 2022-2023.

.pdf

dpto_frances_memoria_das_actividades_complemetarias_do_curso-2022.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Certificación B1 en lingua francesa

Publicado o 15 Novembro, 2022 na sección Zona Alumnado, Lingua Francesa por Alberte Zato

francais1.jpg

Certificación B1 en lingua francesa

O DIPLOMA , AS DATAS OS LUGARES DE EXAMEN

A certificación será a través da Alianza Francesa e proporcionará o diploma do DELF (Diplôme d’études en langue française) do nivel B1.

As probas se realizarán nas seguintes datas:

A- Probas escritas: mércores 26 de abril de 17.00 a 18.55

B- Probas orais individuais: entre o mércores 12 de abril e o sábado 13 de maio segundo a planificación de cada centro de examen. (No caso do bacharelato soe ser a primeira quenda)

Os centros onde se realizarán as probas están pendentes de confirmación. Nos últimos anos se realizaron entre o IES San Tomé e a sede da Alianza Francesa de Vigo, sita na rúa Argentina. Todo indica que non haberá cambios a este respecto.

O PREZO E PRAZO DE MATRÍCULA

O custo da inscrición a estas probas do nivel B1 deste ano é de 98,70 € . Como a Consellería oferta unha contía de 100€ por alumno/a que se presente, o prezo da inscrición quedaría cuberto pola beca.

O prazo de matriculación para as probas será entre o mércores 1 e el sábado 25 de febreiro de 2023. A selección do alumnado que opte ás becas se fará durante o mes de novembro.

INSCRICIÓN E BAREMO

A inscrición para a selección do alumnado interesado en participar nas probas se fará ata o 16 de decembro de 2022.

Será seleccionado aquel alumnado que obteña maior puntuación no baremo segundo os seguintes items:

1-Nota de francés do ano anterior: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p

2- Nota media do curso anterior: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p

3- Nota media de francés na ESO: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p

4- Nota media de francés na ESO: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p

** En caso de empate na puntuación total, prevalecerá o criterio da mellor nota media de francés na ESO e no Bacharelato.

Documentos en .pdf

.pdf

delf_becas.pdf  

fiche_d_inscription_delf.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Información sobre Probas de Certificación e Acreditación Lingüística de Francés no IES do Castro

Publicado o 17 Outubro, 2022 na sección Zona Alumnado, Lingua Francesa por Alberte Zato

 

 francais1.jpg

Ven de ser publicada a resolución provisional  da Consellería de Educación et alter sobre a concesión de axudas para Probas de Acreditación Lingüística para alumnado de centros públicos, a realizar nos propios centros.

Concederon axudas para 4 de Francés para alumnado do nivel de 2º de Bacharelato.

  • Proximamente o Departamento de Lingua Francesa deste instituto confeccionará a listaxe do alumnado de 2º de Bacharelato aspirante a estas probas e axudas, que se pretenden que sexan do 100% do importe das mesmas.
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Consellería de Educación: Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado

tri_national.png

yellow_inverted_commas.pngAnte a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 18 de marzo de 2013, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, co rogo da súa difusión entre o alumnado posible beneficiario destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril.

A información sobre este programa, así como a aplicación “en liña” que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Sinálase que, no caso dos centros concertados, en educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato e de formación profesional, as certificacións asinaraas o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

 

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

O Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado,

Manuel Vila Lópezyellow_inverted_commas_close.png

 

Cartel informativo en pdf

 .pdf

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/CARTEL%202013.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

DiGaTIC - Dicionario Galego das TICs

Imprescindible ferramenta na Rede de redes para o bo uso e abuso dos termos das TICs. que as veces se utilizan incorrecta ou caprichosamente, cando non inxustamente Green with Envy. Primeiro coñeza a tecnoloxía, e logo refírase a ela con propiedade. Agora pode facelo doadamente con esta ferramenta, con diferentes traducións, i.e. :

Icona

Tradución portugués:ícone

Tradución castelán:icono

Tradución francés:icône

Tradución italiano:icona

Tradución inglés:icon

Tradución alemán:Ikon

DiGaTIC - Dicionario Galego das TICs

 digatic.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Unha páxina de dicionarios entre moitos idiomas

Dicionarios entre linguas moi diversas, incluídos latín, grego moderno, galego, español, inglés, italiano, portugués, francés e moitas máis. Divertido. Tamén ten algunhas pronuncias en formato audio ou MP3:

http://www.dicts.info/2/index.php

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Decreto de Ensinanzas Mínimas para a ESO: Primeira Lingua Estranxeira

Publicado o 11 Setembro, 2007 na sección Lingua Francesa, Lingua Inglesa, Departamentos por Alberte Zato
Ofrécese para a súa descarga en .pdf a sección relativa á primeira lingua estranxeira do documento Decreto de Ensinanzas mínimas para a ESO, de recente publicación no Diario da Galiza, e que tamén está disponible na súa totalidade aquí neste sitio web.
(Clíquese na imaxe para descargalo)
mínimos lingua estranxeira
Totalidade do documento
Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo