5 + recentes
Maio verde
A semana do dezasete de maio sempre ten algo de especial para o Instituto, porque se concentran varios actos culturais e festivos. Xa é unha tradición moi enraizada que na véspera das Letras Galegas se aproveite para lembrar á persoa homenaxeada nese día, nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño e a Rosalía pola efeméride de Cantares gallegos, combinado con actividades deportivas e celebración dos Maios.Nesta edición, e logo dun traballo de documentación sobre a flora do xardín, tamén se levou a cabo a identificación da maioría das árbores e dalgúns arbustos para que desta maneira, coñecendo o importante patrimonio vexetal que temos, o poidamos respectar e conservar. Esta tarefa queda enmarcada dentro das actividades da Axenda escolar 21 na que participan alumnado e profesorado.
Os da Axenda escolar 21 preparados para o traballo
Este curso O Maio nos estivo moi lucido, aínda que non lles faltou vontade ao alumnado de 4º da ESO para simular un rostro que imitaría a Rosalía de Castro pola homenaxe que se lle rende este ano co motivo da publicación de Cantares Gallegos hai 150 anos.Por outro lado, tamén faltou a parte musical da interpretación das coplas que xa era ineludible en anos pasados, aínda que si algunha circulou por entre o alumnado, como por exemplo, estas:
Os mozos do Instituto
téñenlle medo ao fiúncho,
porque din que se se achegan,
pónselles cara de unto.
A figueira do xardín,
xa non sabe se chorar,
de tanta silva que hai,
nunca máis figos vai dar.
Á sombra do ombú,
á sombra hanse pór,
cando veña o inverno
e faga máis calor.
Neste vinte aniversario
queremos hoxe mentar,
a todos os que pasaron
ou por aquí han pasar.
O maio foi como foi
Xa temos un motivo vexetal de fondo significado para o centro, o Ombú, e case estivemos a punto de contar cunha mascota; porque, entre outras sorpresas que nos deparou a sega da herba foi esta parella de gatos.
U-los gatos?
Vídeo que anima a seguir nisto do ensino público…
…Anima seguir o tempo que resta até a xubilación… que tampouco hai que abusar.
![]()
O malo é que os que non animan nada de nada son os de sempre… os dos despachos que levan sen ollar nin catar unha aula pública séculos e séculos… sen ir máis lonxe dende o século XX.
![]()
De tódolos xeitos o problema da tribu é a aínda grande cantidade de cidadáns que non cren no ensino público, o único que garante a igualdade de oportunidades e a xustiza sen mirar nin esquilmar á billeteira de ninguén.
[Grazas á Profª Dª Rosa Segura por dalo a coñecer]
Acto de graduación de 2º curso de bacharelato
Invitación destiñada ás familias do alumnado de 2º de bacharelato
Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1
Reportaxe sobre as celebracións do 20º Aniversario do IES do Castro no 15 e 16 de maio 2013
Vexa a reportaxe gráfica clicando na imaxe ou na ligazón debaixo
Matrícula para as PAU. Convocatoria de Xuño (curso 2.012-2.013)

Só se pode matricular o alumnado que superou o 2º curso de bacharelato.
A matrícula hai que facela na secretaría do IES do CASTRO: o luns 27 e o martes 28 de maio, de 9 a 13:00 horas.
Antes de matricularse farase o depósito do TÍTULO DE BACHAREL.
– Hai que recoller en secretaría o impreso de TAXAS AUTOLIQUIDACIÓN, facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria e facer o depósito de título no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade.
|
TAXAS |
– ORDINARIA |
49,82 € |
| – FAMILIA NUMEROSA 1ª |
24,94 € |
|
| – FAMILIA NUMEROSA 2ª e HONRA |
GRATUÍTA |
Documentación necesaria para a matrícula das PAU:– Fotocopia do DNI ou Pasaporte sen recortar.
– Xustificante (folla amarela e rosa) de ter aboadas as taxas de matrícula e documentación que acredite, se é o caso, a exención das mesmas.
– Formulario de solicitude de opcións do bacharelato polas que concorre ás PAU debidamente cuberto.
– Fotocopia da tarxeta (vixente) de familia numerosa para o alumnado que alegue esta circunstancia.
– Fillos de funcionarios das Universidades de Galicia: Certificación dos servizos de persoal, e fotocopia do Libro de Familia para xustificar que son fillos de funcionarios.
» NOTA: todas as fotocopias deberán vir acompañadas dos orixinais para facer as compulsas.
| TAXAS DE MATRÍCULA das PAU | |
| Matrícula ordinaria: | 63,67 euros |
| Familia numerosa de 1ª categoría: | 31,84 euros |
| Familia numerosa de 2ª categoría e Honra: | 0,00 euros |
| Persoal docente e de administración e servizos, así como o seu cónxuxe e fillos, das tres universidades do SUG: | 0,00 euros |
O día 3 de xuño o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes provisionais de matriculados (e facer a reclamación pertinente se fora o caso antes das 14h).
Máis información nos taboleiros, na secretaría do instituto, no blogue do Departamento de Orientación ou na páxina WEB da CIUG.
Datas dos exames:12,13 e 14 de xuño, na Facultade de Traducción e Interpretación.
NOTA: O alumnado que non se presente ás probas de selectividade pero que queira acceder a un ciclo superior deberá realizar o depósito do título obrigatoriamente.



