Consellería de Educación: Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado

tri_national.png

yellow_inverted_commas.pngAnte a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 18 de marzo de 2013, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, co rogo da súa difusión entre o alumnado posible beneficiario destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril.

A información sobre este programa, así como a aplicación “en liña” que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Sinálase que, no caso dos centros concertados, en educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato e de formación profesional, as certificacións asinaraas o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

 

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

O Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado,

Manuel Vila Lópezyellow_inverted_commas_close.png

 

Cartel informativo en pdf

 .pdf

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/CARTEL%202013.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Horario de comezo do curso escolar 2012-2013

Publicado o 13 Setembro, 2012 na sección Avisos urxentes, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

HORARIO DE COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2012-2013

volta_a_clase.png

PRESENTACIÓNS

LUNS 17 DE SETEMBRO

1ºESO………..11:00 (Sala de conferencias)

ó remate cada grupo irá co seu titor/a á súa aula:

1ºA aula 104

1ºB aula 102

1ºC aula 103

 

2ºESO…………………11:30 (nas súas aulas)

2ºA aula 106

2ºB aula 105

2ºC aula 101

 

MARTES 18 DE SETEMBRO

3ºESO…………………………..12:00

3ºA aula 206

3ºB aula 205

3ºC aula 204

 

4ºESO……………………………12:30

4ºA aula 216

4ºB aula 217

4ºC aula 218

 

1ºBACH………………………….13:00

Sala de conferencias. Ó remate cada grupo irá co seu titor/a ás aulas:

1ºA aula 211

1ºB aula 212

1ºC aula 213

1ºD aula 214

1ºE aula 215

 

2ºBACH…………………………..13:30

2ºA aula 207

2ºB aula 208

2ºC aula 209

2ºD aula 210

2ºE aula 201

 

Ó FINAL DAS PRESENTACIÓNS REMATARÁN AS XORNADAS.

O MÉRCORES 19 COMEZARÁN AS CLASES EN HORARIO NORMAL

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Matrícula para as PAAU. Convocatoria de setembro (curso 2012-13)

Publicado o 5 Setembro, 2012 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Xefatura de Estudos
 Só se pode matricular o alumnado que superou o 2º curso de bacharelato.

  • A matrícula hai que facela na secretaría do IES do CASTRO:

  •     o luns, 10 de setembro de 9  a 12:00 horas.

  • Antes de matricularse farase o depósito do TÍTULO DE BACHAREL.
    – Hai que recoller en secretaría o impreso de TAXAS AUTOLIQUIDACIÓN,
    facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria e facer o depósito de título no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade.
  • TAXAS
    TÍTULO DE
    BACHAREL
    – ORDINARIA 49,82 €
    – FAMILIA NUMEROSA 1ª 24,94 €
    – FAMILIA NUMEROSA 2ª e HONRA GRATUÍTA

    Documentación necesaria para a matrícula das PAAU:

    Fotocopia do DNI sen recortar.
    Xustificante (folla amarela e rosa) de ter aboadas as taxas de matrícula e documentación que acredite, se é o caso, a exención das mesmas.
    Formulario de solicitude de opcións do bacharelato polas que concorre ás PAAU debidamente cuberto.
    Fotocopia da tarxeta (vixente) de familia numerosa para o alumnado que alegue esta circunstancia.
    Fillos de funcionarios das Universidades de Galicia:    Certificación dos servizos de persoal, e fotocopia do Libro de Familia para xustificar que son fillos de funcionarios.

    »  NOTA: todas as fotocopias deberán vir acompañadas dos orixinais para facer as compulsas.
    TAXAS de MATRÍCULA das PAAU (incluído o importe do sobre: 6 €)
    – Matrícula ordinaria: 63,67€
    – Familia numerosa de 1ª categoría: 31,84€
    – Familia numerosa de 2ª categoría e Honra: 6,00 €
    – Persoal docente e de administración e servizos, así como o seu cónxuxe e fillos, das tres universidades do SUG: 6,00 €
  • O día 14 de setembro o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes de matriculados.
  • Máis información nos taboleiros, na secretaría do instituto ou na páxina WEB da CIUG.
  • Datas dos exames: 19, 20 e 21 de setembro, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas.
  • NOTA: O alumnado que non se presente ás probas de selectividade pero que queira acceder a un ciclo superior deberá realizar o depósito do título obrigatoriamente.

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Matrícula Setembro

    Publicado o 3 Setembro, 2012 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Xefatura de Estudos

    MATRÍCULA SETEMBRO

    O alumnado formalizará a matrícula para o curso 2012-2013 inmediatamente despois da recollida das cualificacións.

    Necesítase:

    • SOBRE DE MATRÍCULA:recóllese en consexería (5 euros)
    • 4 FOTOGRAFÍAS.
    • Fotocopia do DNI.

    Horario:

    2º BACHARELATO: xoves, 6 de setembro de 16:00 a 18:00.

    1º BACHARELATO: venres, 7 de setembro de 9:00 a 10:30.

    4º ESO: venres, 7 de setembro de 10:30 a 11:30.

    3º ESO: venres, 7 de setembro de 11:30 a 12:30.

    2º ESO: venres, 7 de setembro de 12:30 a 13:30.

    1º ESO: venres, 7 de setembro de 13:30 a 14:00.

    SELECTIVIDADE: luns, 10 de setembro de 9:00 a 12:00.

     

    RECLAMACIÓNS

     

    Lémbrase o alumnado que non estea conforme coa súa cualificación que o procedemento a seguir é o seguinte:

    -1ª Instancia: pedir ó/á profesor/a da asignatura a revisión do seu exame no seguinte prazo:

    2º Bacharelato: xoves, 6 de setembro, de 12:30 a 14:00.

    ESO e 1º Bach.: venres, 7 de setembro, de 10:00 a 12:00.

    - 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa reclamación realizada ó/á profesor/a da asignatura o alumnado poderá facer unha reclamación ó Departamento, segundo modelo oficial, no seguinte prazo:

    2º Bach.: xoves e venres, 6 e 7 de setembro, ata ás 14:00

    ESO e 1º Bach.: venres e luns, 7 e 10 de setembro, ata ás 14:00.

    A resolución das reclamacións de 2º de Bacharelato realizaranse o luns ás 12:00, e as da ESO e 1º de Bacharelato o martes ás 12:00.

    - 3ª Instancia: en caso de disconformidade coa resolución dos Departamentos o alumnado poderá presentar reclamación ante a Inspección Educativa.

     

     3 de Setembro do 2012

    Xefatura de estudos

     calendario_-matricula_setembro.pdf

    .pdf

     

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Concurso público de adxudicación da cafetaría do instituto

    Publicado o 6 Xullo, 2012 na sección Avisos urxentes, Convocatorias, Dirección por Alberte Zato

    cafetaria.jpg

     

    [Pode clicar na imaxe para vela con maior resolución]

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Recortes na Educación, Non Gracias !

    Publicado o 25 Outubro, 2011 na sección Avisos urxentes, Taboleiro Transversal por Xavier
    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Axudas para a adquisición de libros de texto 2011/2012

    Publicado o 20 Xuño, 2011 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Ramón

    1º e 3º de ESO

    Convócanse axudas para adquisición de libros de texto , materiais curriculares e material didáctico e complementario para o curso 2010/11 que poderá solicitar o alumnado que se matricule en 1º e 3º de ESO para o próximo curso e que non sexan repetidores.
    – Os Impresos de solicitude das axudas pódense recoller na secretaría do centro.
    – Para o alumnado que formalice a matrícula en xuño, o prazo de presentación das solicitudes é do 25 de xuño ó 26 de xullo.
    – Para o alumnado que formalice a matrícula en setembro será do 1 ó 30 de setembro.

     .pdf  DOG Núm. 104 (Martes, 31 de maio de 2011)

    ORDE do 13 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

    2º e 4º de ESO

    O alumnado que se matricule en 2º e 4º de ESO para o vindeiro curso 2011/12, poderán acollerse ó programa de préstamo de libros de texto das materias que non cambian de idioma
    Convócanse axudas para adquisición de Libros de Texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma, para o alumnado que se matricule para o próximo curso 2011/12 en 2º e 4º de ESO e que non sexan repetidores.
    – O Impreso de solicitude das axudas pódense recoller na secretaría do centro.
    – Para o alumnado que formalice a matrícula en xuño, o prazo de presentación das solicitudes é do 25 de xuño ó 26 de xullo.
    – Para o alumnado que formalice a matrícula en setembro será do 1 ó 30 de setembro.

    .pdf DOG Núm. 104 (Martes, 31 de maio de 2011)

    ORDE do 16 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 3º e 4º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria.

    Related Posts with Thumbnails
    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo