Ledicia Costas co alumnado de 3º da ESO
A avogada e escritora viguesa Ledicia Costas compartiu a súa experiencia de escritora co alumnado de 3º da Eso, iniciando así algunhas das actividades que ao longo desta semana se programaron para a celebración das Letras Galegas. Os temas que aborda na novela son de máxima actualidade pola referencia máis clara ao acoso escolar, ciberacoso, adolescencia e sexualidade.
Un momento da intervención da escritora na sala de conferencias
LEDICIA COSTAS ASINANDO NO LIBRO DE VISITAS DA BIBLIOTECA
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Entroido 2013: Ampla reportaxe gráfica
Para ver as fotos da reportaxe e gardalas individualmente: Clicando en “Ver 1:1″ e logo co botón dereito do rato sobre a imaxe, “Gardar imaxe como…”
[As imaxes teñen unha resolución de 1000 px e 300 dpi, co cal a súa impresión será bastante aceptable]
Clique na imaxe debaixo
Se soamente quere ver as fotos, pode facelo nun visor, que permite velas a pantalla completa -pulse el rectángulo blanco nos controis do visor na esquina superior dereita-.
Pode visualizar as fotos de forma manual ou automática -use as frechas brancas dos mesmos controis-.
Pode deshabilitar o son poñendo o seu nivel a cero deslizando o cursor do rato hacia á esquerda sobre o controlador na esquina superior dereita do visor.
Clique na cámara debaixo
Imprimir este Artigo
Reportaxe fotográfica do Entroido 2012 no IES do Castro
Clique na imaxe ou na ligazón debaixo para visitar o sitio web dende onde se poderán ver as fotos da reportaxe e descargalas
As imaxes teñen unha resolución de 1000 px e 300 dpi, co cal a súa impresión será bastante aceptable
http://www.zatovisualworks.com/iesdocastro/entroido2012/
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Actividades día mundial en memoria das víctimas de accidentes de tráfico
Como ben explicaba Ángel , distintas foron as actividades nas que participou o centro para esta fecha do 25 de novembro. Os Asfalrelatos formaron parte das activides de concienciación das que nestes días os alumnos e alumnas do noso centro foron os protagonistas
Para mostra aquí tedes a reportaxe gráfica
XOVES 24 CONCENTRACIÓN NA PORTA DO SOL



25 DE NOVEMBRO SIMULACRO DE ACCIDENTE
Imprimir este Artigo
Formación medioambiental e voluntariado en ‘As Corcerizas’
Durante os pasados días 15 a 18 de novembro o grupo 1º E de Bacharelato, do BI, realizou unha viaxe de estudos centrada na programación de CAS, aínda que moitas das actividades realizadas teñen unha función integradora de diversas materias e requerimentos do BI.
A viaxe consistiu nunha estancia no Centro Medioambiental ‘As Corcerizas’ (http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html) xestionado por Amigos da Terra. Nas fotos podemos ver ao grupo de alumnado durante a realización dalgunha das actividades, co profesorado acompañante e monitores e monitoras encargadas das actividades.
Aínda non estando completa a avaliación da actividade –enfocada a buscar solucións a problemas globais, dende unha perspectiva local- por parte do alumnado, podemos adiantar algunhas das experiencias vividas e habilidades traballadas.
Entre outros contidos traballáronse os seguintes:
-finalidade do voluntariado na sociedade. Servizo de Voluntariado Europeo
-problemática medioambiental local e global
-elaboración dun proxecto de voluntariado e presentación pública do mesmo
-realización de actividades de voluntariado etnográfico e medioambiental
Todo elo mantendo presente a promoción ou práctica de:
-técnicas de traballo en grupo para os distintos obxetivos
-debates e outras estratexias de comunicación
-capacidade crítica
-conciencia medioambiental
-responsabilidade persoal e colectiva
-conservación do patrimonio
-atención ao benestar físico e psíquico
-reflexión sobre a aprendizaxe persoal
Esta promoción tiña baixas expectativas de aprendizaxe da súa visita a As Corcerizas e isto reflexouse na súa actitude durante unha boa parte das actividades e por suposto, dificultou a súa aprendizaxe. Na súa avaliación final varias persoas sinalan que se volvesen facer esta actividade outra vez intentarían ser máis participativas e abertas. De calquera xeito sinalan que
-se cumpliron os obxetivos de coñecer mellor ao resto do grupo, respetar máis o medioambiente e comprender CAS mellor.
-comprenderon unha variedade de posibilidades para unha mellor xestión da enerxía
-consideran que o voluntariado é unha ferramenta eficaz para transformar o modelo actual cara un máis xusto. De feito a 4 persoas gustaríalles facer traballo de voluntariado de xeito local , e 3 mencionan a posibilidade de facer o Servizo de Voluntariado Europeo antes de ir a universidade.
Isto é o que valoraron máis positivamente da actividade
-convivir cos compaňeiros e compañeiras
-o papel que a desenvolver nela
-que pese a estar moi pouco convencidos/motivados, o pasaron ben
-descubrir cousas para axudar ‚‘aínda que sexa localmente‘
-a actitude e aportacións dos monitores
-o descubrimento dos diferentes frentes de actuación do voluntariado e o traballo físico
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo






